blog BiblioAnisiaMiranda

LIBREANDO POLA ARTE 5

O día da POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía,para  promover o ensino da poesía, creando unha imaxe atractiva da poesía como  unha vía de expresión. Así o fixemos no noso centro a través das seguintes actividades:

- Deixamos poemas por todo o centro para que o alumnado os collese e os recitase en calqueira momento e lugar.

 

 

- Selección de libros de poesía.

- Poemas polas clases:

 

 

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa todas as aulas fixemos unha sección para o noso xornal, A VOZ DA MULLER, relacionando desta maneira ambas celebracións, o día da muller e a prensa. Aquí vos deixamos o noso xornal.

Nel podemos atopar noticias relacionadas co día da muller, a muller na arte, entrevistas de mulleres, pasatempos, mulleres galegas na historia, mulleres na historia de España, carteleira...

8 de marzo Día Internacional da Muller

Co  fin de conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero, dende a biblioteca puxemos a disposición unha colección de libros relacionados coa temática, para que o alumnado investigase.

Investigacións sobre mulleres  galegas como: Maruja Mallo, Emilia Pardo Bazán, Isabel Zendal...

 

LIBREANDO POLA ARTE 4

REPORTERO DOC

Estamos subscritos na revista REPORTERO DOC  con ela poderedes explorar  temas de: ciencia, natureza, historia, mundo… con imaxes espectaculares, textos accesibles, rigor, creatividade, orixinalidade, humor, valores… ao servizo do coñecemento e da lectura pracenteira.

TODOS OS MESES TEREMOS UNHA NOVA ENTREGA

ROSALÍA DE CASTRO

Este 23 de febreiro conmemoramos o 185º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Coas seguientes actividades:

O alumnado de 4º EP realizou un vídeo sobre Rosalía de Castro, parabéns polo traballo feito.

Todo o alumnado participou na elaboración do retrato da autora galega ao estilo Andy Warhol

Nas clases tamén se fixeron diferentes actividades, aquí unha pequena mostra. 

Plantáronse pensamentos, un por cada aula

E non podía faltar, recitar os poemas de Rosalía de Castro na hora de ler.

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.

Rosalía de Castro.

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2022

Un curso máis conmemoramos este día, co desexo de alcanzar un mundo de convivencia pacífica onde non haxa lugar para a violencia.

Na biblioteca preparamos libros relacionados con este tema.

 

Entre as actividades realizadas, escoitamos a canción de Unai Quirós "Contágiame tu Paz"

Todos os cursos recibiron un botiquín con mensaxes de Paz para repartir entre o alumnado.

 

Contaxiemos a nosa Paz