blog BiblioAnisiaMiranda

Entrega de premios de Libreando e Reto a reto pelis ao peto

Percorrido polas diferentes actividades co equipo de EDL

Percorrido por todas as actividades que  fixo o equipo de EDL en colaboración coa biblioteca e o resto das dinamizacións, vinculadas ao proxecto de centro: O cinema e ao uso do galego.

 

Revista Arco da Vella

Club de lectura de 6º con Anxo Fariña

O club de lectura de 6º tivo a sorte de desfrutar coa presenza de Anxo Fariña: ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego. Ademais de comentar o libro lido " Os Megatoxos e o reto en Internet" tamén  aprenderon  trucos sinxelos para crear imaxes e botarlle imaxinación aos deseños; escolleu a un alumno que tivo o privilexio de ser retratado, cunha visión moi particular da súa imaxe. E por último para rematar o encontro compartiron unha rica merenda.

     

 

Pescudando sobre o cinema saen obras

O alumnado de 2º ciclo plasmou as súas películas en diferentes formatos artísticos para iso pescudaron e investigaron ideas  para ter como resultado estes escaparates tan visuais.

Aquí deixo unha pequena mostra.

Valoración da biblioteca por parte do alumando

 Queremos agradecerche que adiques uns minutos a cubrir a enquisa para recoller información sobre a biblioteca, así saberemos a túa opinión e poderemos mellorar a nosa bibliblioteca "Anisia Miranda" o próximo curso.

Da clic na seguinte palabra:Enquisa ALUMNADO 

Valoración do funcionamento da biblioteca por parte do profesorado

 Agradecémosche, dende o equipo de biblioteca, que adiques uns minutos para cubrir a enquisa. Necesaria para obter a vosa valoración e propostas de mellora para o vindeiro curso. E tamén para incluila no PLAMBE.

Para entrar a cubrila pulsa en:  Enquisa PROFESORADO

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

4º LIBREANDO POLO CINEMA