blog BiblioAnisiaMiranda

Semana das Letras Galegas

No colexio CEP Xosé Neira Vilas celebramos as Letras Galegas con moitas actividades para gozar e mimar á Nosa Lingua.

Saída pedagóxica ao bosque da Lingua e da Memoria, no que gozamos do contacontos de Ixeo, grazas á comunidade de Montes de Couso.

Plantamos camelias no recuncho adicado a Rosalía de Castro.

Traballos de investigación para coñecer a Francisco Fernández del Riego cun Tíralle da Lingua dedicado ao autor das Letras Galegas 2023.

Visita da Agrupación Sisto, formada por Manu alumno de 6º do centro e a súa familia, amenizou coa súa música e baile a xornada, facéndonos vivir a música tradicional galega.

Para rematar e agradecer a todos e todas a participación nesta semana, entregouse o lapis máxico para tirar das verbas en galego.

Eva Mejuto chega coas 10 gatiñas viaxeiras ao Club de lectura de 1º

Hoxe, mércores 10 de maio, estivo Eva Mejuto na nosa biblioteca co club de lectura de primeiro. A emoción de ver a autora e poder falar con ela palpábase dende ben cedo e nos días previos.

Sorpresa para Eva que comprobou como sabían os lugares e nomes das gatiñas e mesmo fixeron aportacións para a segunda parte do libro. O caso é que ao final Eva Mejuto díxonos que nos animaramos a facer entre todos a segunda parte e tomámolo coma un reto. de momento seguimos viaxando coas gatiñas percorrendo Galicia pero e a segunda parte, onde nos levará...?

Sen dúbida, moi lonxe!  Grazas por compartir con nós este momento tan especial!

Visita de Fina Casalderrey

Onte tivemos a gran sorte de contar coa presenza da escritora Fina Casalderrey no clube de lectura de 5º. Lemos o seu  libro "O xenio da cidade do Sal" . Con el coñecemos a figura do compositor Mozart a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia. 

Desfrutamos dunha sesión moi especial falando do libro e das vivencias que nos contou Fina. Foi un gran pracer poder ter a autora e compartir con ela ese momento cunha merenda incluída.

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro (domingo 23),  organizamos cinco obradoiros durante toda a semana na sesión de Hora de Ler :

 Un Bookflix  por aula para colocar no novo recuncho de Peiti, na planta baixa, que se fará ao longo da semana do 17 ao 21 e colgarase o día 24.

 Estacións:

1ª Conto tolo: En roda cada alumno escolle nun par de minutos un parágrafo do libro que lle tocou na man e despois lemos todos seguidos para crear un conto tolo.

2ª Torre de libros: Preparamos unha torre de libros de xeito que lendo os títulos das portadas, permitindo engadir algunha palabra conector, creamos un conto.

3ª Abano esconde conto: A partir dun comezo de conto que lles damos, a primeira parella/trío de nenos/-as escribe unha frase e dobra a anterior para esconder, así sucesivamente cada grupiño engade unhas frases ao conto e dobran. Ao rematar abrimos todo o abano para ler a historia.

4ª Rosco literario: preguntas estilo “Pasapalabra”

5ª Bookface: A arte de encaixarse nunha portada de libro. Terán materiais, disfraces, teas e accesorios para preparar a foto.

 “Lecturas compartidas  o luns 24 faremos parellas ou tríos para ler todas/os xuntos no patio.

RECANTOS DE PEITI E EIROS

Todos os días a nosa biblitoeca esta aberta na entrado do centro, permitíndolle o alumnado o desfrute da lectura, a creatividade.

Cun taller de pintura levado a cabo por alumnas de sexto. Diferentes xogos de mesa...

 

POESÍA CON ANXO IGLESIAS

Tivemos a gran sorte de ter conosco a Anxo Iglesias, que nos transmitíu a súa paixón pola poesía.

Ensinounos o seu libro  «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, e a partir del fixemos actividades moi divertidas; trabalinguas, rapeamos, cantamos cancións de corro, inventamos fonemoramas, repasamos os adverbios de lugar cunha adiviña e un poema ...

DÍA DA MULLER E DA PRENSA

 Este ano xuntamos a semana da prensa co día da MULLER, para investigar o seu papel no mundo do cinema, xa que é o noso proxecto, ao longo da historia.Todos os cursos buscaron información e fixeron as súas noticias. Este foi o resultado. 

 A Voz Da Igualdade

Día de Rosalía de Castro 2023

Cada 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetisas e novelistas da literatura española do século XIX.

 

Todo o alumando organizouse por ciclo para  renderlle homenaxe, recitando algúns dos seus poemas máis famosos na biblioteca.

 

O alumnado de 2ºA preparou un bonito "Rosalímetro"

A súa pegada queda representada no xardín do noso cole cunha  fermosa camelia, a Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (especie híbrida) unha árbore memorable agasallo da Fundación Rosalía. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía.