blog BiblioAnisiaMiranda

Novembro mes da ciencia

 Enlace con material  sobre ciencia en galego

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia 

 Libros na vosa bibliotecas adicados a ciencia, para investigar, experimentar, descubrir, crear, ....

 

SAMAÍN CON ARTE E LECTURA

  Festexamos ao grande a festa de Samaín cos calacús dos nosos artistas, xogos con códigos secretos, historias e lendas de medo, contos de suspense,  decoración e disfraces moi terroríficos.

 

1º CONCURSO DE LIBREANDO POLA ARTE

Presentamos unha nova edición do concurso LIBREANDO

 CONCURSO !!

 

Nova edición do LIBREANDO

 

 

LIBREANDO POLA ARTE 

Tedes que atopar  o libro no que aparece a imaxe proposta no panel do concurso na nosa biblio Anisia Miranda.  

Contesta ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo á porta da biblio ou neste blog).

Se as respostas son correctas gañarás UN SELO para o teu “PASAPORTE ARTÍSTICO”.

Cada tres selos haberá PREMIO!!

  1º CONCURSO DE LIBREANDO POLA  ARTE (clic aquí) Do 26 outubro ata 16 novembro 

 

 

2º CONCURSO DE LIBREANDO POLA  ARTE (clic aquí)ata 17 novembro

Día bibliotecas escolares 2.021

Este luns, 25 de outubro, conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares.

Cada clase pasou pola nosa biblio Anisia Miranda para escribir nun post-it a súa resposta á pregunta:

  Que é para ti a biblioteca?

DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

  Estimados lectores e lectoras,

 

Este luns, 25 de outubro, conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares.

Cada clase pasará pola nosa biblio Anisia Miranda para escribir nun post-it á súa resposta á pregunta:

             Que é para ti a biblioteca?

 

- O alumnado de 1º recibirá os seus carnés de usuarios da biblio.

- Agasallaremos cun punto de lectura conmemorativo deste día.

Esta é a organización prevista, se precisades algún cambio, por favor avisade.

Convidamos a tooodo o profesorado a que tamén cubra un post-it  ;

Lembrade:

=>  Tedes á vosa disposición a mochila viaxeira para xogar en familia.

=> Agardamos as vosas desideratas e suxestións.

Moitas grazas!

Os vosos amigos.

xornal "O Papagaio" outubro 21

 Cada mes chegará á nosa biblio Anisia Miranda, este xornal escolar "O Papagaio".

 

Un xornal ilustrado para a xente miúda, que ten o propósito de divertir e mostrar todo o que acontece no mundo e, sobre todo, en Galicia: na ciencia, na cultura, no deporte, etc. Da mesma maneira que os adultos teñen o seu xornal para informarse, queremos que os nenos e as nenas teñan o seu. 

En breve abrimos as portas da vosa biblioteca

En breve abrimos as portas da Biblioteca, con libros que apoien o proxecto do centro :A ARTE porque como di este ano o lema:

A biblioteca escolar ten a palabra.

 Todos os libros que temos na nosa biblioteca de ficción ou de información van axudarnos a medrar, a defender as nosa ideas coa linguaxe, abrindo camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento.

Nela tamén poderemos dialogar, debater, reflexionar, recitar, expor, ler en voz alta, ler en voz baixa, facer clubs de lectura ....