O pasado 12 de xuño tivo lugar a derradeira sesión por este curso do club de ciencia para o 1º ciclo. Da man da mestra Belén aprendimos cousas sobreo peso, a forza, a evaporación e a capilaridade do papel, conseguindo clavar unha palliña de refresco nunha pataca, ten truco eh!! que un folio aguantara o peso dun taco de plastilina, e que uns espaghettis soportaran o peso dunha grampadora!!
Tamén, grazas ao experimento da auga que camiña que fixeramos con Sonia na sesión anterior, aprendimos o que é a evaporación, e por último fixemos florecer unhas flores de papel que nos quedaron chulísimas!!