Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Premen na imáxe para acceder á listaxe de libros de texto para o curso 2022/2023. 

 

 

O equipo directivo.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2022/2023

 

O alumnado admitido no centro deberá formalizar a matrícula no seguinte prazo:

Dende o 20 ata o 30 de xuño (ambos inclusíve)

 

Documentación necesaria:

  •  Impreso de matrícula. 
  •  2 fotografías tamaño carnet. 
  • DNI dos proxenitores ou titores legais. 
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria. 
  • De ser o caso, setencia de separación ou divorcio (no caso de non telo entregado no período de solicitude de admisión do alumnado)
  •  Cuestionario lingua materna (soamente alumnado de 4º E.I.)
  • Para o alumnado xa escolarizado noutro centro: certificado de matrícula do centro de procedencia. 

 Para a entrega de dita documentación no centro solicen cita a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

 

      

 

     

 

         Impreso en galego                                                                                                                                     Impreso en castelán

 

Cuestionario lingua materna

O equipo directivo.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN PARA O CURSO 2021/2022

Diseño de Administrador Colexio

ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO

Prezadas familias: 

Con motivo da publicación do novo Protocolo de adaptación á situación Covid-19 publicado pola Consellería de E.O.U (20/05/2022), comunicamos o cadro de entradas e saídas do centro educativo que poñeremos en práctica a partir de mañá martes 24 de maio. Con esta modificación todo o alumnado tanto de educación infantil como de primaria entrará pola porta do patio de xogos. 

 

ENTRADAS E SAÍDAS 

 

ENTRADAS

Apertura de portas

8:50 horas

Peche de portas

9:05 horas 

 

Para evitar aglomeracións as familias podedes acceder ata a zona onde comeza o patio cuberto, que está indicada cunha cadea. O alumnado realizará as filas co seu curso no patio cuberto e comezarán a subir ás 9:00 en canto soe a música, por orde de 6º E.P. a 4º E.I. sucesivamente. 

 

SAÍDAS

Apertura de portas para E.I.

13:45 horas

Apertura de portas para E.P.

14:00 horas

 

Rogamos que para evitar aglomeracións no momento no que saian ás súas fillas e fillos abandonen a zona de recollida. 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

 

O equipo directivo. 

 

Convocatoria becas NEAE 2022/2023

Na web do Ministerio de Educación: 

 

 

Poden solicitar as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. 

 

Lembren que o prazo remata o 30 de setembro. As solicitudes preséntase na secretaría do centro, solicitando cita previa no correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal 

 

O equipo directivo.  

 

LETRAS GALEGAS 2022

 

 

Recibimos no centro a visita de Anxo Moure, encantóunos a súa posta en escena: 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 

 

Segundo a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023. 

Premen no libro para acceder á Orde:

 

 

 

 

DESTINATARIOS:

  

  - Para o fondo solidario de libros de texto:

  • Alumnado matriculado en 3º, 4º de educación primaria.   

O alumnado matriculado en centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), como é o caso do noso centro nos cursos de 5º e 6º de educación primaria, está excluído da participación do fondo solidario dos libros de texto.

  - Para as axudas de adquisición de libros de texto:

  •  Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

     

     -  Para as axudas de adquisición de material escolar:

 

  • Todo o alumnado de educación primaria.

 

DOCUMENTACIÓN:

 

O formulario que deben de cubrir son os ANEXOS I (solicitude) e II (autorización dos membros da unidade familiar agás o solicitante), que encontrarán premen neste enlace:

ANEXO I

ANEXO II

Ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Estes documentos é preciso que vaian acompañados da seguinte documentación complementaria: 

  • Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  • Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluídos na solicitude.  

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero. 

  • Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade. 

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores

  •  Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

Tal e como índica a convocatoria: 

A solicitude deberá estar asinada polo pai, pola nai, polo/a titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así́ mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto. 

FORMA DE PRESENTACIÓN

 Unha vez cubertos os anexos, poden presentalos a través de: 

 

 

  •  Sede electrónica da Xunta:

Sede electrónica

  

PRAZO DE PRESENTACIÓN

 Dende o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (ambos inclusive)

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 OUTROS PRAZOS: 

 DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO NOS CURSOS DE 3º E 4º DO PRESENTE CURSO ESCOLAR:

  •  As datas serán: 16, 17 e 20 de xuño de 2022.

 PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:

  •  Antes do 11/07/2022
  •  A reclamación ás listaxes provisionais poderase realizar 2 días seguintes á publicación.

  PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS:

  •    Antes do 22/07/2022

 

 

  ENTREGA DOS LIBROS DO CURSO 2022/2023 AO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

  •  A partir do 1 de setembro de 2022. Comunicarase a través da páxina web do centro e vía “Abalarmóbil”

 

IMPORTANTE 

 

O vale de axudas é nominal polo que deberá de recollelo a persoa solicitante. 

 

O equipo directivo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO PARA O CURSO 2022/2023

 

Dende hoxe 12 de maio é posible consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar. Para poder acceder á consulta de dita información, seguindo a lexislación vixente, poden facelo: 

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. O horario será: todos os días de 9:15 a 9:50 e de 12:45 a 13.30 horas. Non é preciso solicitar cita previa. 
  • Telemáticamente: A través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital. Premendo neste enlace:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Vía telefónica: Seguindo a LOPD, poden chamar á secretaría do centro e acreditándose como nai/pai, titor/a legal da alumna ou alumno solicitante da praza, daráselles a información. O horario no que poden chamarnos será os martes de 13.10 a 14.00 e os xoves de 12.20 a 13.10 horas. 

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive. Informaremos, a través da páxina web, do horario de atención na secretaría do centro para a realización de dito tramite.

 

O equipo directivo. 

PEQUESCALADA

Que ben o pasamos no rocódromo!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut