Skip to Content

PEQUESCALADA

Que ben o pasamos no rocódromo!

 

 

O Atlántico parte de ti

Fantástica actividade organizada polas Concellerías de Deportes e de Educación , "O Atlántico parte de ti". Un programa pensado para achegar o mundo da vela ás mozas e aos mozos de 5º e 6º de primaria.

 

Nesta ocasión foi 5ºB:

 

Publicación das listares provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar

 

Seguindo a lexislación vixente, as familias podedes consultar a información:

 

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. O horario será: todos os días de 9:15-9:50 e de 12:45 a 13:30 horas. Non é preciso solicitar cita previa. 
  • Telemáticamente: A través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital. 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  • Vía telefónica: Seguindo a LOPD, poden chamar á secretaría do centro e acreditándose como nai/pai, titor legal da alumna ou alumno solicitante da praza, daráselles a información. O horario será os martes de 13.10 a 14:00 e os xoves de 12.20 a 13.10 horas. 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Coñecedes o conto de: "BO CAMIÑO VALENTIÑO"? 

 

   

 

O alumnado de 5ºA e 5ºB describe: Que é para nós un libro?

 


Iluminando Zalaeta

 

Aviso para navegantes! O noso colexio dá a benvida a unha fermosa ilustración obra de Iria Fafián.  Esta, toma como base a iconografía mariña que forma parte da identidade do noso centro. A idea estaba clara, queríamos unha estrutura protagonista no noso patio coa que nos identificásemos, que invitase á serenidade, á reflexión, á aventura e a unha das cousas máis importantes na etapa escolar, a creación de soños.

 

Enmarcado dentro do proxecto "Dinamizando o noso patio" no que centro e ANPA traballamos en conxunto, non podemos esquecer agradecer ao Concello da Coruña a súa axuda, colaboración e participación nesta fase do proxecto. Grazas por axudarnos a facelo real!

Tamén queremos dar o noso agradecemento á Inspección Educativa que confiou no noso proxecto dende o principio.

 

Iluminando Zalaeta

 

Un rocódromo moi salgado!

 

Enmarcado dentro do proxecto: "Dinamizando o noso patio" que deu comezo o pasado curso escolar, e no que traballamos en conxunto centro e ANPA; damos a benvida a unha nova proposta de xogo no noso patio: un rocódromo moi salgado!

 

 

 

 

 

 

 

Unha feliz viaxe pola vida... Camiñamos?

 

O alumnado de 6º de educación primaria quere trasladarnos como é a súa perspectiva de equipo. O quebrantacabezas no que todos son iguais pero diferentes; esa conexión que as diferenzas individuais non impide.

 

A diferencia que fai a cada persoa especial. 

 

 

 

 

Polo correo do vento: "Mario pensaba que o galego non servía para nada"

O alumnado de 1º de educación primaria recibiu a visita dos rapaces que compoñen o grupo: "Polo correo do vento", así coñeceron en primeira persoa a Enrique, Carlos e Robertiño. 

 

Eles son un colectivo especializado en promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das nenas e nenos. 

 

A actividade non puido ser mais divertida, pasárono en grande! 

Consistiu en narrar aos peques un conto ilustrado, no que Enrique encargábase de contar a historia, namentres Carlos debuxaba un mural in situ vencellado ao conto. E por último, foi Robertiño o encargado de poñer música a esta marabilloso conto ilustrado.

 

Grazas pola visita!  

 

 

 

Visitamos a Fundación Luis Seoane

O alumnado de 1º de educación primaria visitou a Fundación Luis Seoane,  e alí experimentaron coas técnicas creativas que este artista utilizaba nas súas obras.

A proposta tomaba como base a integración da arte, usando formas modulares intercambiables; a través da experimentación e o xogo buscaron o deseño dunha actividade na que crearon a súa propia obra sobre unha gran vidreira mesturando as tres cores primarias. 

Queredes ver o resultado?

 

 

Proceso de admisión: presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo.

Número de prazas solicitadas de Administrador Colexio

  

Unha vez determinado que o número de solicitudes para algúns cursos é superior ao de prazas ofertadas; e tal e como se regula na Orde. 12 de marzo de 2013, art.17, punto 1: "o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo" 

 

Prazo de presentación

Para todas aquelas persoas que non entregaran coa solicitude, os papeis que xustifican e acreditan os criterios do seu baremo; o prazo de presentación na secretaria do centro (previa cita) será dende o día 24 de marzo ata o 6 de abril, ambos incluídos.  

 

Documentación necesaria

  •  Copia e orixinal do libro de familia ou DNI do alumno/a que acredite a súa idade. 
  •  En caso de separación ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial. 
  • En caso de familia numerosa, o título que o acredite. 
  • En caso de solicitar unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias da petición.
  • En caso de discapacidade da/o alumna/o, proxenitores, titores legais ou irmáns, achegarase a documentación acreditativa.
  • Certificado de empadroamento no que figure que levan máis dun ano empadroados/as, no caso de que opten aos puntos do padrón)
  • En caso de familia monoparental, documentación que acreditativa.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matricula do centro de procedencia.  
  • Por proximidade do lugar de traballo deben de presentar: Empregados: Documento certificativo da empresa, xunto co contrato de traballo.
    Autónomos: Alta na Axenc. Estatal Adm. Tributaria e na Tesourería xeral da Seguridade Social.
  • Para a consideración de vítima de violencia de xénero (art. 9.1.i) do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro). Atenderase ao documento que acredite a dita situación conforme ao previsto na normativa vixente.
  • Para a consideración de vítima de terrorismo (artigo 9.1.j) do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro. Atenderase ao documento que acredite a dita situación conforme ao previsto na normativa vixente.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados. 

CRITERIOS DE BAREMO

SORTEO PÚBLICO DE LETRA DESEMPATE

 

 Horario de secretaría 

É preciso solicitar cita previa a través do correo electrónico: ceip.zalaeta@edu.xunta.gal

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

12.25-13.10

10.40-11.20

09.55-11.20

13.15-14:00

13.15-14:00

   

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut