Skip to Content

PILLEITE LENDO

Eleccións consello escolar: sorteo público membros da Xunta Electoral

 

Atendendo a Resolución do 19 de setembro da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, comunicamos: 

O vindeiro mércores día 26 de outubro ás 11.50 horas realizaremos no centro o sorteo público dos membros que constituirán a Xunta Electoral.  Estará formada por: directora, un/unha mestre/a, unha nai/ un pai ou titor legal, un representante de administración e servizos; no sorteo público se preverá a designación de membros suplentes. 
(Tal e como se regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril)

O equipo directivo.

AXUDAS COMPLEMENTARIAS DE MATERIAL ESCOLAR

Atendendo ao regulado na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:

- Todas as persoas beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Tamén se inclúe a todo aquel alumnado que se incorpore a un centro sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022.

- Este vale deberá empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

- No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro nunca pode expedir un duplicado.

- A persoa que acuda ao centro a recoller o vale debe de ser a mesma que realizou a solicitude. Non caso de non poder asistir, deberá de autorizar a outra persoa maior de idade, que presentará no centro dita autorización xunto co seu DNI.

- Poden recoller o vale a partir de mañá martes 18 de outubro en horario de atención ao público:

 

 O equipo directivo.

Taller de Samaín

Esta semana realizamos a primeira sesión do taller de Samaín organizado polo Concello da Coruña e dirixido ao alumnado de 4º de educación primaria. Coñeceron o significado do Samaín, realizaron un taller de elaboración de disfraces e do estandarte que posteriormente levarán o día 21 de outubro no pasacalles, que terá lugar dende ás 10.00 horas. Foi moi divertido! 

 

 

 

 

Artistas na prehistoria

A pasada semana o alumnado de 4º de educación primaria asistiu a un taller organizado na Domus no que se converteron en artistas prehistóricos! Coñeceron os materiais, as técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados. 

Calendario escolar 2023/2024

 

DARLLE VIDA Á RÚA

O alumnado de 5º e 6º de EP únese á iniciativa darlle vida á rúa! No día sen coches recuperamos a cidade como un espazo de relación e convivencia; actividade organizada por STOP Accidentes en colaboración co Concello da Coruña.

MAR DE MARES

No mes de setembro celebrase na nosa cidade o X edición do Festival Mar de Mares, un festival multidisciplinar de defensa e celebración do océano que implica a toda a cidadanía nos seus obxectivos.

Dentro das actividades organizadas convidaron aos cursos de 5º e 6º de educación primaria a un encontro inspirador coa oceanógrafa Gádor Muntane. Neste encontro con escolares prestou as claves para lanzarse a unha profesión como a súa, contando como é o seu día a día coidando e aprendendo dos tiburóns.

 

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2022/2023

 Todo o alumnado tanto de educación infantil como de primaria entrará pola porta do patio de xogos.

ENTRADAS E SAÍDAS 

 

ENTRADAS

Apertura de portas

8:50 horas

Peche de portas

9:05 horas 

 

SAÍDAS

Apertura de portas para E.I.

13:45 horas

Apertura de portas para E.P.

14:00 horas

 

 

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO CURSO 2022/2023

Distribuir contido


by Dr. Radut