Skip to Content

Eleccións consello escolar: sorteo público membros da Xunta Electoral

 

Atendendo a Resolución do 19 de setembro da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa que establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, comunicamos: 

O vindeiro mércores día 26 de outubro ás 11.50 horas realizaremos no centro o sorteo público dos membros que constituirán a Xunta Electoral.  Estará formada por: directora, un/unha mestre/a, unha nai/ un pai ou titor legal, un representante de administración e servizos; no sorteo público se preverá a designación de membros suplentes. 
(Tal e como se regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril)

O equipo directivo.



page | by Dr. Radut