“Chamémoslle polo seu nome” é a campaña de concienciación sobre o autismo que realizou o alumnado de 6º A.
Coñecedores de que o 2 de abril é día mundial da conmemoración do autismo, realizaron diferentes actividades dentro da campaña que permiten ter un amplo coñecemento sobre que é o autismo. Entre elas, o alumnado quere compartir con vós este Genially que nos axuda a ter unha idea clara sobre as principais características do autismo.
Para máis información sobre a campaña consultade o blog:
BLOG DE 6ºA