Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Velada de Samaín 2023

Dende o EDLG quixemos celebrar o Samaín cunha velada terrorífica no centro para ao alumnado do terceiro ciclo. Foi un día, e unha noite, moi emocionante e coidamos que tanto para eles como para nós, inesquecible. Houbo moitos nervios, risas, sustos e algún que outro momento para, como ben dixo o noso amigo Brais Das Hortas na súa actuación, “caghar patatillas”.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo, coma os obradoiros de maquillaxe e arañas, a actuación de Brais das Hortas ou a xincana de medo polas dependencias do cole, coa que conseguiron premios para a actividade posterior de “cine de terror”.

Aínda que nin pegamos nin pegaron ollo en toda a noite, de seguro recordaremos está velada con moito agarimo e algún que outro grito.

 



page | by Dr. Radut