Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

DÍA DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro conmemórase o "DÍA DA INTERNACIONAL DA LINGUA  MATERNA".

No noso cole quixemos aproveitar esta ocasión para que as familias dos máis pequenos/as viñesen a compartir con nós un anaquiño do seu tempo na nosa lingua.

Da man de Laura, Eva, María, Bea, Ángeles, Nita e Cristina puidemos disfrutar de historias tan divertidas coma "O gato lambón", "A galiña roxa", "Paco papán", "A casa da mosca chosca", "O crocodilo ó que non lle gustaba a auga","Cando Martiño tivo ganas de facer pis na noite de Reis" e "Leopoldo, o pequeno monstro".

Ademais entre todo o alumnado do centro decoramos esas letras tan fermosas "EN GALEGO" que de seguro vos lembran a unha porcelana moi nosa e preciosa. Sabedes cal?

Moitas grazas a todos/as por participar desta celebración!

 



page | by Dr. Radut