Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

DÍA DE ROSALÍA

Como cada 23 de febreiro, conmemórase o nacemento de Rosalía e o noso cole non quería deixar pasar a ocasión de render o noso particular homenaxe á escritora máis representativa das nosas letras. Os rapaces e rapazas do CEIPP de Baño-Xanza levan a Rosalía a percorrer as diferentes civilizacións que durante o presente curso 2022/2023, estamos a traballar no noso centro, dende a máis remota tribo troglodita ata os indios Taínos, pasando pola antiga Grecia, o Imperio Exipcio, aldeas Galas e Celtas e a sempre enigmática civilización Maia. Para a ocasión, o alumnado deseñou estes fantásticos debuxos e elaboraron unha listaxe de palabras relacionadas con cada pobo, o mellor de todo? As palabras son adhesivas para decorar e pegar onde máis nos guste.
Botádelle un ollo ao vídeo para ver este xenial traballo feito entre todos/as

 



page | by Dr. Radut