LETRAS GALEGAS 2022
O pasado mes de maio, celebramos no colexio o Día das Letras galegas que neste curso adicouselle a Florencio Delgado. Para esta ocasión quixemos facer unha homenaxe moi especial á nosa terra e ao noso idioma a través dalgúns dos oficios tradicionais galegos que traballamos ao longo deste curso. Así foi como da man dos acibecheiros/as, gandeiros/as, oleiros/as, cesteiros/as, artesáns do metal, artersáns musicais, mariñeiros e redeiras e incluso as palilleiras puidemos coñecer un pouquiño máis dos nosos costumes e tradicións, así como da riqueza dun idioma propio.
No seguinte vídeo podedes ver unha pequena parte do traballo dos alumnos/as do CEIPP de Baño - Xanza que ao longo deste curso sirveu como fío condutor para as nosas conmemoracións.
Desexamos que sexa do voso agrado.
COMO ADOITA PASAR, NOS RESUMOS NON ENTRA TODO O QUE SE FIXO, ASÍ QUE SI QUEREDES VER MÁIS, MIRADE NESTES ENLACES.
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir