Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

ENTROIDO 2022

O 25 de febreiro, celebramos o Entroido no colexio e aínda que as circunstancias actuais non son as que nos gustarían...esto non puido acabar coas nosas ganas de vivir e pasalo ben.

Estivemos encantados de poder celebrar de novo o festival de Entroido, cheo de música e disfraces no que voltamos disfrutar ao máximo, participantes e expectadores. Gustaríanos podelo ter realizado sen ter que empregar as máscaras e rodeados das nosas familias, pero polo de agora aínda non foi posible.

É por iso que tivemos que mirar como organizar os espazos e os grupos estables por niveis, mantendo a distancia axeitada, medindo o espazo aberto para ver se era completamente seguro a realización do festival…e outras moitas cousas moi aburridas...

Este ano o noso Entroido centrámolo no proxecto “Os oficios tradicionais”. Dende Infantil a sexto de primaria estamos a traballar durante este curso sobre as caractrerísticas dos oficios que están a desaparecer ou que poden acabar por facelo, así que o noso Entroido xirou ao redor destes oficios

Podedes ver unha escolma gráfica na seguinte ligazón. Agardamos que vos pareza divertido e interesante.

FOTOS E VÍDEOS DO ENTROIDO



page | by Dr. Radut