Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

RESUMO REUNIÓN DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

Estimadas familias:

Hoxe día 9 de setembro tiveron lugar, no auditorio Muncipal de Valga, unhas reunións cos pais/nais/titores legais do alumnado do noso centro.

Nesta reunión tratamos os seguintes puntos:

Obras do centro: informamos que por mor das obras que se están a executar no noso colexio, o curso escolar comezará nun principio o 16 de setembro os cursos de 4º e 5º de EDUCACIÓN iNFANTIL, 1º, 2º E 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA en horario lectivo de 9:30 a 13:30.

O 17 de setembro comezarán tamén os cursos de 6º de EDUCACIÓN INFANTIL e 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA en horario lectivo de 9:30 a 14:30 (sen comedor) ou de 9:30 a 15:30 (con comedor)

Debedes estar atentos ao Abalarmóbil ou web do centro por se houbera algunha modificación nas datas anteriores.

- Entradas do alumnado: este ano non poderán acceder ao recinto escolar ningún pai/nai ou titor legal.

As entradas serán desde as 9:15 a 9:30, da seguinte maneira:

  • Alumnado de Educación Infantil tanto transportado por bus escolar como por coche particular accederá pola cancela de Infantil.
  • Alumnado de Educación Primaria transportado no autobús escolar, entrarán polo portalón verde, sen facer filas cara a súa aula.
  • Alumnado de Educación Primaria transportado por coche particular, entrará pola cancela que está ao carón da gardería, intentando que as familias soamente paren para que descendan os nenos/as cara dentro do recinto.

Ás 9:30 pecharase todas as entradas e non se poderá acceder ata a segunda sesión.

   - Saídas do alumnado: os alumnos de Educación Infantil que saian ás 14:30 farano polo seu edificio e os de primaria polo portalón verde. Os demáis sairán todos polo portalón verde de 15:15 a 15:30. En primeiro luga sairán os transportados en bus e posteriormente os que marchen coas súas familias.

Toda a información relativa á organización do centro irá reflectida no protocolo que estos días publicaremos na nosa páxina web.



page | by Dr. Radut