You are hereBlogues / blogue de / 24 de febreiro: conmemoración do "Día de Rosalía".

24 de febreiro: conmemoración do "Día de Rosalía".


By Visitante - Posted on 18 Febreiro 2017

   O alumnado de 6º curso, durante a semana do 20 ao 24 de febreiro e dentro da conmemoración do "Día de Rosalía" fará unha actividade (WebQuest) a maiores daquelas xa previstas a nivel de centro. Trátase dunha presentación dixital empregando ferramentas TICS sobre a obra inédita da poetisa, que recentemente (2014) nos deu a coñecer a RAG, e que derivará tamén en dous murais que se exporán nas instalacións comúns do noso centro. Nun amosaranse os poemas descubertos e noutro  recolleranse algunhas das mostras das repercusións que reflectiron os medios de comunicación e o mundo da cultura, en xeral.

Save