Skip to Content

MENÚ MARZO 2023

ENTROIDO 2023

Para celebrar o Entroido deste ano, o alumnado do centro realizou talleres de deseño de antefaces, maquillaxe, rosquillas e xogos. Como non podía ser doutra maneira, o disfrace do alumnado estivo relacionado co proxecto "Coñecemos o mundo" co que levamos dende o inicio de curso. Aquí podedes ver algunhas fotos para rememorar este día.

O álbum elixido (aid = 48) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O 9 de febreiro fomos a Santiago para ver unha exposición de arte contemporáneo. Ademais de ver as obras de arte que se encontraban tamén fixeron algúns talleres: debuxos con sombras e programación por bloques. Aquí podedes ver algunhas fotografías desta saída.

O álbum elixido (aid = 47) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ ESCOLAR

O luns 31 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da non Violencia e da Paz Escolar.

Todos os alumnos/as levaron a cabo unha actividade previa a semana anterior.

Primeiro, dende cada curso construímos uns lazos nos que escribimos termos relacionados coa paz para posteriormente realizar cos mesmos unha actividade de orientación. Os lazos estaban agochados en distintos lugares do colexio e os nenos/as de cada grupo tiñan que atopalos, empregando planos do centro os/as máis maiores e pistas os/as pequenos/as.

Poñiamos fin a esta actividade o luns 30, saíndo por cursos ao patio para colocar na porta do mesmo os lazos creados por todas e todos.

En relación a actividade anterior e coa axuda das familias, dende o centro educativo recollemos alimentos para axudar ás persoas que o precisan, porque todos merecemos paz.

O álbum elixido (aid = 45) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

MENÚ FEBREIRO

CAMPANADAS 2022

Para rematar coas clases deste ano, no CEIP Plurilingue Virxe do Portal fixemos a nosa versión das campanadas.

 

MENÚ XANEIRO 2023

RETORNO DA BIBLIOTECA

Neste curso 2022-2023 voltamos a abrir a Biblioteca Escolar dentro do programa de actividades recollidas no Plan Lector do centro e tamén para canalizar e dirixir as actividades relacionadas co proxecto “Coñecemos o mundo”.

Xunto co empréstito de libros que realizarán tódolos alumnos e alumnas a biblioteca incorpora novos espazos onde os nenos poderán compartir xogos, música, lectura, cine, teatro, etc.

Xunto co anterior e con motivo da celebración do “Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres” dende o equipo da Biblioteca Escolar quixemos regalaralle a cada neno/a unha bolsa decorada con un dos carteis gañadores do concurso organizado polo CIM de Curtis e o Concello de Sobrado fai uns cursos para traballar o 25-N e titulada “Un mundo cheo de bicos”.

Álbum: BIBLIOTECA ESCOLAR -> POSTA EN MARCHA

MENÚ DECEMBRO 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut