Skip to Content

Educación física

RECREOS DINÁMICOS

Como iniciativa da área de Educación física este ano os nenos e nenas tiveron propostas de xogos moi divertidos para facer nos recreos e así fomentar hábitos saudables co aumento do tempo de práctica deportiva.

Álbum: Curso 2023-24 -> RECREOS DINÁMICOS

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

O alumnado pasou un día diferente coñecendo e disfrutando cos xogos dos sus avós.

Álbum: Curso 2023-24 -> XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

XOGOS DA GRANXA

Aproveitando a festividade do entroido e a temática conductora deste ano no noso centro, A Granxa, o noso alumnado pasouno xenial cunha Xornada de xogos tradicionais utilizando materiais propios do campo e a vida na granxa.

Álbum: Curso 2023-24 -> XOGOS DA GRANXA

TORNEO DE BÁDMINTON

Torneo de Bádminton intercentros dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia. 

Os nosos alumnos e alumnas disfrutaron dunha xornada diferente, compartindo experiencias con nenos e nenas doutros centros da contorna, fomentando a socialización a través do deporte.

Álbum: Curso 2023-24 -> BÁDMINTON

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS DENDE A EDUCACIÓN FÍSICA 2023

O alumando de Educación Primaria, realizou  o luns 15 e martes 16 de maio unhas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, combinando as áreas de Educación Física e Lingua Galega.

Esta xornada de actividade, comezaba na Biblioteca do Centro, onde o alumnado recibía información por medio da lectura para superar catro retos compostos por Xogos Tradicionais no Patio. A medida que os nenos/as os realizaban, conseguían puntos para todo o grupo para poder chegar a unha actividade final. Ditos puntos contiñan palabras agochadas que servían ao alumnado para formar unha frase do poeta Manuel María, moi significativa para a Cultura Galega.

Ademais disto repasamos datos importantes da vida de Francisco Fernández del Riego. Homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2023.

 

“Galicia somos nós: a xente e máis a fala, se buscas a Galician, en ti tes que atopala!”.

 

 
O álbum elixido (aid = 55) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE AULA EDUCACIÓN FÍSICA

Distribuir contido


by Dr. Radut