Saltar navegación.
Inicio

4º Curso

COMPOSICIÓN E OBXECTIVOS

Click to play this Smilebox collage

CLIC NA IMAXE PARA VER


 ACTIVIDADES 
 Elaboración de carteis e murais  nos que a parte escrita figurará en tres ou catro linguas para demostrar que o galego é unha máis, e nosa. 
 
 Realización de Visitas didácticas que teñan que ver coa cultura galega e que implicaran a realización de actividades interdisciplinares. 
 
 Concursos  plásticos como o das postais do Nadal e carteis, nos que se primará ademais do emprego do galego, a alusión a elementos propios de Galicia; slogans e cómics que potencien o uso do noso idioma en tódolos ámbitos escolar, familiar e do pobo. 
 
 Continuar coa elaboración de materiais de estudio do contorno, como o estudio do patrimonio cultural-histórico e natural da zona. Consideramos que sería moi positivo a realización  de rutas (artesás, paisaxísticas, industriais). 
 
 Colaboración cos responsables das Actividades Complementarias e Extraescolares en celebracións e conmemoracións (elaboración de carteis, poesías, contos, xogos populares...) en especial nas seguintes: 
 
  • Festa do Magosto (novembro)
  • Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía (decembro)
  • Día da Declaración universal dos Dereitos Humanos (decembro)
  • Festa do Nadal (decembro)
  • Día da Paz (xaneiro)
  • Festa do Entroido (febreiro)
  • Día Internacional da Muller (marzo)
  • Día Mundial dos Dereitos do Consumidor (marzo)
  • Día da Árbore (marzo)
  • Semana da Prensa (marzo)
  • Día Mundial da Saúde (abril)
  • Día do Libro (abril)
  • Día de Europa (maio)
  • Día Mundial do Medio Ambiente (xuño)

 

 

TITORÍA DE 3º / 4º. MÚSICA (Actividades durante o peche)

 

 

Estimadas familias:

Saúdos e desexarvos que estes días de encerro non estean a ser demasiado duros. Sabemos que tedes fillos na casa durante moito tempo e polo tanto cremos que é preciso enviarvos unha serie de actividades e rutinas que volo faciliten e ao mesmo tempo non perder o costume de facer algunha tarefa todos os días. Estas tarefas son voluntarias xa que sabemos que non todas as familias teñen a mesma dispoñibilidade.

 

Tede presente que isto é novo para nós e cando traballamos desde casa todo é máis complicado.

 

 

https://orincondeanabel.blogspot.com/

 

Distribuir contido