Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

 Están admitidas todas as solicitudes presentadas.

 A listaxe provisional está dispoñible para a súa consulta no taboleiro interior do centro. Por mor da Lei de Protección de Datos non é posible publicalas na web nin na vitrina exterior.

 As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio, momento no que tamén se informará da documentación necesaria para formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

 

¿QUÉ SABEMOS DO MUNDO MARINO?

O alumnado de 4ºB de Ed. Infantil está levando a cabo unha investigación sobre o mundo marino. Como inicio da investigación presentan este vídeo, interesados en recibir respostas.

Aquí deixamos o vídeo elaborado na aula coas respostas recibidas. Esperamos que vos guste!!!

AXUDA A UCRANIA

Estas semanas levamos a cabo unha campaña de recollida de roupa, alimentos e medicinas para colaborar na axuda a xente de Ucrania. Deixamos un vídeo do noso traballo. Esperamos que chegue ao pobo ucraniano a nosa pequena axuda. Moito ánimo!!

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/2023

 1.   OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 22/23

EDUCACIÓN  INFANTIL

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE(1)

4º (3anos)

44

6

5º (4 anos)

13

 

6º (5 anos)

12

 

EDUCACIÓN  PRIMARIA

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE(1)

2

5

17

 

31

 

24

 

16

 

22

 

2. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 Do 1 ao 21 de marzo.

A solicitude de admisión, que se axeitará ao modelo oficial (formulario ED550B), poderase descargar nesta web ou recollelo na conserxería do centro. Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

A presentación de solicitudes no Colexio, do 1 ao 21 de  marzo, farase no seguinte horario: de 9:00 a 9:50h e de 13:10 a 14:00h

3. DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN

- Impreso de solicitude :

Anexo II en galego - ED550B

Anexo II en castelán - ED550B

- Acreditación da idade do alumno/a: DNI, pasaporte, libro de familia (hai que traer orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas)...

- Certificado de matrícula, no caso de estar xa escolarizado/a. Este certificado pídese no centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

  * Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

É posible autorizar na propia solicitude  a consulta  do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas  non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

4. PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles (art. 30.3).

- Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes (artigos 31.2 e 32).

5. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

* O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro,  do 20 ao 30 de xuño

INFORMACIÓNS IMPORTANTES

* A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA E VINCULANTE, PODERÁ CONTER ATA SEIS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA, E PRESENTARASE NO CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR.

* No caso de separación legal dos pais, a solicitude de admisión terá que estar asinada polos dous proxenitores, agás que aquel/a que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que terá que ser aportada para o seu cotexo polo centro educativo (hai que traer orixinal e copia da mesma).(Art.14)

* O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

* Os solicitantes deben indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo, aportando a documentación necesaria.

* ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO SE ADMISIÓN... Información AQUÍ

*DECRETO 13/2022, DO 3 DE FEBREIRO POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO… Información AQUÍ

 

I ENCONTRO CIENTÍFICO

O alumnado de 5º de Ed. Infantil levou a cabo unha videoconferencia cos científicos da base de exército "GABRIEL DE CASTILLA" na Antártida, e apadriñaron dous pingüíns.

Aquí deixamos unha mostra desta marabillosa experiencia.

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

 Debido á situación actual sanitaria, non se levará a cabo a xornada de portas abertas. Por iso, antes da información propia da admisión, presentamos o noso centro a través de dúas visitas virtuais. Unha está adicada ao alumnado de Ed. Infantil e  outra ao alumnado de Ed. Primaria.

HORARIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

De 9:00 a 14:00h.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:

·         Madrugadores (almorzo xestionado pola ANPA).

·        Comedor Escolar (xestionado pola ANPA).

·        Biblioteca Escolar para o alumnado de Educación Primaria (de martes a venres de 16:00 a 18:00 horas).

·        Actividades Extraescolares, a cargo da ANPA

ACLARACIÓN DE DÚBIDAS

· Chamando ao teléfono 881960920

· Enviando un correo aceip.viladerutis@edu.xunta.gal

·ANPA LAVANDEIRA: anpalavandeira@gmail.com

                                   www.anpalavandeira.es

 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES REGO DE TRABE PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O período de reserva praza no IES Rego de Trabe  será  desde o martes, 11 de xaneiro, ata o martes, 8 de febreiro.

 

Para formalizar a reserva hai que entregar cuberto e asinado o impreso ED550A, que se pode descargar e imprimir AQUÍ, ou recoller no propio centro. Unha vez cuberto, o alumnado pode traer o impreso e entregarllo á titora dentro do prazo establecido.

 

No caso de non querer matricular ao seu fillo/a no IES Rego de Trabe, non deberá cumprimentar este Anexo de reserva, deberá esperar a que comece o prazo xeral de admisión, que acostuma ser entre o 1 e o 20 de marzo, e entregar a solicitude no centro elixido.

 

21 DE DECEMBRO NO VILA DE RUTIS, CELEBRACIÓN DO FIN DE ANO

O martes 21 de decembro nas aulas celebramos a festa de FIN DE ANO por adiantado. Queda aquí un pequeno recordo da actividade. Esperamos que vos guste moito e .... FELIZ ANO 2022.

Vémonos en xaneiro!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut