Skip to Content

PANXOLIÑA 2022

Os mestres do C.E.I.P. Plurilingüe Vila de Rutis queren desexarvos a toda a comunidade educativa Bo Nadal, cantando esta panxoliña titulada "No medio da noite". Aquí deixamos un vídeo. FELICES FESTAS!!!!

21 DECEMBRO 2022 AS SS MM OS REIS MAGOS DE ORIENTE

Hoxe viñeron ao cole Melchor, Gaspar e Baltasar. Entregámolles as nosas cartas con todos os nosos desexos. Foi moi emocionante!!

PLENO MUNICIPAL INFANTIL

O venres, 2 de decembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria do noso centro participou no XXII Pleno Municipal Infantil  de Culleredo, celebrado no  Auditorio do IES Universidade Laboral.

A proposta levada ao pleno polo noso alumnado  "O arranxo de espazos de ocio para os nenos e nenas (pistas deportivas e parques)"  foi a máis votada. O Sr. alcalde, José Ramón Rioboo,  fixo fincapé en que terá sida moi en conta e que, tanto el coma o seu equipo, esforzaranse ao máximo para levala a cabo.

Así mesmo, no apartado de Rogos e Preguntas, o noso alumnado rogoulle ao Sr. Alcalde a colaboración do concello para poñer en marcha un horto escolar no colexio, solicitude que xa se fixera o curso pasado, e o rexedor comprometeuse a prestar esta colaboración.

25 N DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

RESPECTO, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO ... son valores que se traballan diariamente no noso centro, pero ademais, deixamos aquí o resultado final dun traballo específico sobre a igualdade de xénero elaborado entre o alumnado de todo o centro.

 Agradecemos a Cristina Sáez a súa colaboración e compartimos con todos vós o seu poema.  

Pódese descargar en pdf

 

Semana de ESGRIMA en clase de ED. FÍSICA

Aprendimos conceptos básicos de ESGRIMA na clase de Ed. Fïsica. Podedes ver neste vídeo como practicamos.

MAGOSTO 2022

Grazas á ANPA, un ano máis celebramos o Magosto no noso cole o venres día 11. Pasámolo moi ben. Aquí deixamos un vídeo para que o poidades ver.

VISITA DO ASTRÓNOMO BORJA TOSAR

O venres, 4 de novembro, recibimos no centro ao astrónomo Borja Tosar, que ás 19:30h montou un telescopio para que o alumnado poidera disfrutar da visión da Lúa.

Numerosas familas de Ed. Infantil acercaron aos seus fillos/as para que poidesen ter o privilexio de ver este satélite da Terra en directo. Cara o remate da actividade, Borja tamén nos amosou a estación internacional e explicounos as constelacións visibles no ceo, e poidemos ver tamén a través do telescopio os planetas Xúpiter e Saturno.  Oxalá poidamos repetir esta estupenda actividade.

SAMAÍN 2022

Estas últimas semanas para conmemorar o  Samaín decoramos as aulas, corredores e a entrada do cole cuns platos terroríficos. O día 28 de outubro tivemos un dia cheo de actividades, sorpresas, contacontos e merendas especiais! Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos! 

Distribuir contido


by Dr. Radut