Skip to Content

CANAL DE RADIOTELEVISIÓN VILA DE RUTIS

Comeza a andadura do Canal de Radiotelevisión  Vila de Rutis no Día das Letras Galegas. Deixamos aquí o enlace:

CANAL DE RADIOTELEVISIÓN VILA DE RUTIS

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 LISTAXES DEFINITIVAS E INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA.

Están publicadas no centro as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2024/2025, que non sufriron variacións con respecto ás listaxes provisionais, polo que está admitido o alumnado que solicitou praza para 4º de Ed. Infantil e presentou a solicitude en prazo.

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

-      Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. Pode recollerse na conserxería do centro ou pinchando aquí

-      3 fotografías tamaño carnet do alumno/a co nome por detrás.

-      DNI do alumno/a, se o ten, o dos pais (orixinal e fotocopia)

-      Libro de familia (orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas).

-      Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e fotocopia).

-  Informe médico (certificado de vacinacións  e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa) só o alumnado que se matricula en 4º Ed. Infantil.

-      Orixinal e copia de resolución xudicial, no caso de separación legal dos pais.

 

IMPORTANTE: Non é preciso entregar de novo a documentación que xa foi entregada no proceso de admisión.

 

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Grazas á ANPA, o sábado 8 de maio o alumnado de 1ºEP a 4ºEP participou no Día da Ciencia na rúa no parque de Sta. Margarita, deixamos aquí unha mostra desta importante cita.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Como remate das actividades deste mes, tendo como referencia os LIBROS, os nenos e nenas maiores do noso centro levaron a cabo o apadriñamento do alumnado máis pequeno para ler contos entre todos.

LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024/2025

Informamos que todas as solicitudes de admisión para 4º de Educación Infantil presentadas en prazo foron admitidas.

As demais solicitudes presentadas en prazo (para outros niveis) non obteñen praza.

As listaxes provisionais estarán expostas no interior do centro e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar nun prazo de 5 días hábiles.

Publicarase a listaxe definitiva o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

VISITA DA DRAGONA RAMONA AO VILA

O martes 23 de abril, Día do Libro, achegouse A Dragona Ramona ao noso cole para contar un conto ao alumnado de Ed. Infantil. Gustounos moitísimo.

Agradecementos ao Concello por ofertar este contacontos coa nosa amiga, que disfruta tanto cos libros coma nós.

VISITA DUNHA ESCRITORA A 5º EP

Continuamos en abril, xa casi no Día do Libro, e rematamos o mes recibindo a outra escritora no noso centro. Este luns 22 de abril achegouse á nosa Biblioteca EVA MEJUTO, autora do libro que leron os nenos e as nenas de 5ºEP. Contounos cousas moi interesantes.

VISITA DUNHA ESCRITORA AO ALUMNADO DE 6ºEP

Seguimos en abril, cada día máis preto do Día do Libro, e recibimos a outra escritora no noso centro. Este xoves 11 de abril achegouse á nosa Biblioteca LETICIA BARBADILLO, escritora do libro que leron os nenos e as nenas de 6ºEP. Contounos cousas moi interesantes.

VISITA DUNHA ESCRITORA AO ALUMNADO DE 4ºEP

Estamos no mes de abril, e como se acerca o Día do Libro, imos recibir a varias escritoras no noso centro. Este venres 5 de abril achegouse á nosa Biblioteca MARÍA CANOSA, escritora do libro que leron os nenos e as nenas de 4ºEP. Contounos cousas moi chulas.

Distribuir contido


by Dr. Radut