Skip to Content

XORNADA PORTAS ABERTAS

Dende o CEIP Plurilíngüe Tirán, informámosvos que o vindeiro martes 7 de marzo de 2017, levaremos a cabo unha XORNADA de PORTAS ABERTAS, na que invitamos a toda a comunidade educativa a visitar o noso centro e a coñecer un pouquiño máis de nós.

 

DATA: Martes 7 de marzo de 2017

HORA: de 16:00 a 17:00 horas.

LUGAR: farase a recepción no vestíbulo do edificio principal.

DÍA DE ROSALÍA

O venres 24 de febreiro cumpriuse o 180 aniversario do nacemento da nosa benquerida escritora Rosalía de Castro.

En toda Galicia houbo moitos actos de homenaxe este día, e o CEIP Plurilíngüe Tirán non quixo ser menos, ainda que por temas de organización e por coincidir co Entroido, no noso centro conmemorámolo o día anterior.

Despois de traballar a Rosalía durante os días previos, cada aula pintou un cartel cun debuxo da homenaxeada, e con parte do poema "Unha vez tiven un cravo".

E o xoves 23 de febreiro, ordenáronse os carteis para compoñer dito poema, e fíxose público o resultado mostrándoo a toda a Comunidade Educativa!

 

(Preme na imaxe para visualizala con maior calidade!)

Desfile 2017

Un ano máis, levamos a cabo o xa tradicional desfile polas rúas de Tirán.

Dado que a climatoloxía nos permitíu sair, todas as nenas/os e mestras/es do CEIP Plurilíngüe Tirán desfilaron polas inmediacións do centro escolar acompañados por todas aquelas nais/pais (e demáis familias) que poideron asistir.

Agradecer tamén á Policía Local de Moaña que nos acompañase por este trazado urbano.

 

Disfrutade do Entroido!!

Vémonos á volta!! As clases retómanse o vindeiro xoves 2 de marzo no seu horario habitual.

 

(Premede nas imaxes para visualizalas con maior calidade)

OS MANDATOS DA CURUXA 2017

OLA FAMILIAS,

UN ANO MÁIS, COA CHEGADA DO ENTROIDO, TEMOS OS MANDATOS DA CURUXA.

DURANTE ESTA SEMANA, NOS DÍAS PREVIOS Á CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO NOSO COLEXIO, LEVAREMOS A CABO OS SEGUINTES MANDATOS DA CURUXA!

OLLO!! SON ACUMULATIVOS!!

 

SE COMO A CURUXA QUERES VOAR... O LUNS DÍA 20 ALGO NO PESCOZO DEBES PORTAR!

SE Á CURUXA QUÉRESTE PARECER... O MARTES DÍA 21 UNHA PERRUCA DEBES TRAER!

SE COA CURUXA QUERES BAILAR... O MÉRCORES DÍA 22 ALGO NA CARA DEBES PINTAR!

E SE COA CURUXA QUERES RIR... O XOVES DÍA 23 EN PIXAMA DEBES VIR!!

 

VER / DESCARGAR PDF COS MANDATOS!

Concurso de chistes

Un ano máis, levouse a cabo o xa tradicional concurso de chistes en galego, organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do noso colexio.

De luns a mércores, cada neno/a contou chistes no idioma galego na súa aula, e tanto hoxe xoves como mañá venres, os mellores de cada clase contan o seu chiste para o resto do colexio no vestíbulo do mesmo, dando máis soltura á súa expresión oral e corporal!

Rímonos moito!

 

Menú de febreiro 2017

Podedes visualizar o menú do mes de febreiro 2017.

Premer aquí.

Día escolar da non violencia e da Paz 2017

O pasado luns 30 de xaneiro, conmemoramos no noso centro o “Día escolar da non violencia e da Paz”.

Cada titor/a, ademáis das actividades programadas de aula, traballaron unha personaxe, un Premio Nobel da Paz, segundo indicacións do equipo de Biblioteca do centro.

 

Este ano organizamos tamén unha carreira solidaria para recadar fondos para a organización “Save the Children”. Os nenos/as levaron para a súa casa un carné de corredor/a, e buscaron patrocinadores coa finalidade de que éstes se comprometesen a donar unha cantidade de cartos por cada quilómetro que percorresen os nenos/as este día. As nenas/os de Primaria fixeron a nosa Milla diaria, e as nenas/os de Infantil deron voltas ó patio grande do centro e no ximnasio.

E para finalizar os actos de conmemoración, xuntámonos todos no ximnasio do centro para cantar a canción “All you need is love”, traballada nas aulas sobretodo polas mestras especialistas en lingua estranxeira, e recordamos tamén a canción do curso pasado “Heal the world”.

Podedes ver a canción deste ano no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=LhJvwCCMFXE

Novo paso de peóns!

E por fin xa temos o noso paso de peóns!

A semana pasada, persoal do Concello, pintou un paso de peóns moi longo para chegar dende o cruceiro á porta de acceso ó centro escolar, e dende ésta ata o comezo do percorrido da nosa "Milla diaria", coa señalización vertical correspondente.

Deste xeito, os nenos/as que diariamente fan a milla, pódense desprazar por este espazo habilitado para peóns, para seguridade dos cativos, formando parte da Seguridade Vial da nosa contorna.

SEMANA DA FROITA

Unha vez máis, dende o centro, vólvese a realizar a "Semana da froita", dentro do programa saudable que estamos a levar a cabo.

Durante esta semana, as nenas/os do CEIP Plurilíngüe Tirán poderán degustar no tempo das merendas, froita diferente segundo o día.

Hoxe comezamos coas mandarinas!

Día da PAZ

30/01/2017 09:30
Europe/Madrid

O vindeiro luns 30 de xaneiro, celebraremos a conmemoración do "Día escolar da non violencia e da Paz" con diversos actos e actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut