Skip to Content

Admisión: reserva de praza en centros adscritos

Dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2022-2023 no IES A Paralaia.

- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.

* O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar a apertura doutro prazo.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación:

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

 

AdxuntoTamaño
ED550A-G.pdf1.33 MB


blog | by Dr. Radut