Skip to Content

Admisión de alumnado para o curso escolar 2021-2022

Dende o vindeiro luns 1 de marzo e ata o día 22 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado que comeza a súa escolarización.

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos de educación secundaria nun centro diferente ao adscrito.

- Alumnado que solicite cambio de colexio.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 22 de marzo
  • Portas abertas. Se desexades vir coñecer o colexio, podedes facelo solicitando cita no 886 11 02 71 e atenderémosvos de xeito personalizado. Aquí tedes un adianto -> https://www.youtube.com/watch?v=M-V1Haz9lZI
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (ver documento adxunto) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É indispensable solicitar cita no teléfono 886 11 02 71 para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf683.94 KB


blog | by Dr. Radut