Blogues
ALBUM FOTOS CURSO 2020-2021
Enviado por jlbarrio o Ven, 09/07/2021 - 13:46SOLICITUDE DE INSCRIPCION COMEDORES.
Enviado por jlbarrio o Mar, 22/06/2021 - 13:21Deixamos os impresos para a solicitude de comedores para o curso 2020-2021.
Tamén deixamos o enlace de cómo calcular a renda automáticamente.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR. EDUCACION INFANTIL. CONCELLO DE VILALBA.
Enviado por jlbarrio o Ven, 18/06/2021 - 12:08Deixamos tanto as bases como a documentación necesaria para poder facer a solicitude de axudas de material escolar.
Presentación da solicitude: CONCELLO DE VILALBA (centros educativos NON)
PRAZO: DENDE O 21 DE XUÑO O 2 DE XULLO.
calquera dúbida chamar o concello de VIlalba, departamento de servizos sociais: 982 51 03 05
Documentacion a cubrir (arquivos adxuntos)
LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022
Enviado por jlbarrio o Mér, 16/06/2021 - 16:36No arquivo adxunto poden consultar o listado de libros de texto para o próximo curso 2021-2022
Videos-presentación dos traballos sobre o Camiño de Santiago
Enviado por Marcos relixión o Lun, 24/05/2021 - 11:50Nos seguintes enlaces poderedes ver os traballos sobre o Camiño de Santiago.
FONDO LIBROS-AXUDA MATERIAL ESCOLAR-AXUDA LIBROS 1º 2º PRIMARIA.
Enviado por jlbarrio o Lun, 24/05/2021 - 11:08ARQUIVOS ADXUNTOS:
INFORMACIÓN: FONDO LIBROS/AXUDAS MATERIAL ESCOLAR/AXUDAS LIBROS 1º 2º PRIMARIA. Para elo descargar o arquivo INSTRUCCIÓNS.
Documentación a cubrir: ANEXOS I,II
ADMISION DO ALUMNADO. CURSO 2021-2022
Enviado por jlbarrio o Mar, 02/03/2021 - 02:22RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO
CURSO 2021/2022
PRAZO: 1-22 DE MARZO
NORMATIVA:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN
4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-22 de marzo.
5.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
8. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
ACLARACIÓN:
1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:
A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:
1.De forma presencial no centro
2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
-
Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
-
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
3ª FASE: MATRÍCULA
10. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 30 de xuño. Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A formalización da matrícula pode realizarse da seguinte forma:
1.De forma presencial no centro
2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
-
Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
-
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
AREAS DE INFLUENCIA.
Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
-TRANSPORTE ESCOLAR -COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA.
ENTROIDO 2021. CAMIÑO DE SANTIAGO-XACOBEO
Enviado por jlbarrio o Mar, 16/02/2021 - 00:20AULA VIRTUAL. EXPLICACION FUNCIONAMENTO PARA AS FAMILIAS.
Enviado por jlbarrio o Xov, 05/11/2020 - 12:52
Boas
Aquí tedes o enlace ó vídeo onde podedes ver o que tería que facer un neno/a para acceder a aulavirtual do centro, onde se atoparia o material por materias e cursos nun posible caso de confinamento.
hhttps://drive.google.com/file/d/1v5VXlE0YuVvEZDF9ysF0ojy5DqQO0yA-/view?usp=sharing
Saúdos
APERTURA LISTA COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR E COMPENSACIONS ECONOMICAS
Enviado por jlbarrio o Ven, 23/10/2020 - 11:52Debido ás novas medidas da Xunta en relación os comedores ábrese a apertura de listas de colaboradores de comedor. Neste centro abriremola para cubrir baixas de colaboradores xa que a día de hoxe está funcionando correctamente.
NOVIDADE: poden apuntarse como colaborades os FAMILIARES QUE CONVIVEN CO ALUMNO/A NA CASA (avós, tios, irmáns maiores de idade...)
PRAZO: 26-30 OUTUBRO. Enviar un correo electrónico ó centro:ceip.terra.cha@edu.xunta.es co seu nome e apelidos ,ou un whap ó 651010011
CUANTÍA ECONÓMICA: incrementase para TODOS OS COLABORADES que están traballando (e os novos) dende o 1 de outubro. Pasarán a cobrar 12.50€ por día, en vez de 9,06€ como ata o 30 de setembro. Esta subida salarial é ata que finalice a pandemia COVID-19
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »