Blogues

Menús de setembro de 2022

INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS CEIP TERRA CHA.

Boas

 

As actividades serán no centro martes e xoves ó finalizar o comedor escolar en horario de 15:15h a 16:15h. A actividade será iniciación deportiva

Prazo para anotarse: ata o 14 de setembro

Formas de anotarse

-Rexistro xeral do concello (presentar impreso-anexo no concello) ver o impreso en adxuntos aquí

 

LISTADOS MATERIAL ESCOLAR. CURSO 22-23

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS ESTÁN OS LISTADOS DE MATERIAL ESCOLAR POR CURSOS

 

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR.

ARQUIVO ADXUNTO: SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR. DEBEN CUBRILO E PRESENTALO NO CENTRO EDUCATIVO.

RECOLLIDA VALES LIBROS DE TEXTO MATERIAL ESCOLAR. ENTREGA DE SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR.

RECOLLIDA DE VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

30 DE XUÑO: 11H-13:30H

1 DE XULLO: 11H-13:30H

 

ENTREGA DE SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR:

30 DE XUÑO: 11H-13:30H

1 DE XULLO: 11H-13:30H

 

NOTIFICACION FAMILIAS: CUESTIONS ACADÉMICAS E PERSOAIS DO ALUMNADO.

ARQUIVO ADXUNTO: VER O PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN CANDO SE TEÑEN QUE COMUNICAR CUESTIÓNS ACADÉMICA OU PERSOAIS DO ALUMNADO.

LIBROS DE TEXTO CURSO 22-23

LIBROS DE TEXTO PARA INFANTIL E PRIMARIA: VER ARQUIVO ADXUNTO.

 

 

AXUDAS MATERIAL EDUCACION INFANTIL. CONCELLO DE VILALBA.

Deixamos dous documentos, un deles co plego de condicións para obter as axudas, e outro cos anexos-documentación que deben presentar.

TEÑEN QUE PRESENTALAS NO CONCELLO DE VILALBA, NON NO COLEXIO.

PRAZO ADMISION ALUMNADO 1-21 MARZO

RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO

CURSO 2022/2023

 PRAZO: 1-21 DE MARZO

 

NORMATIVA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN

4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado  procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-22 de marzo.

5.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.

6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidasantes do 25 de abril.

7.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

ACLARACIÓN:

1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:

A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 3ª FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 30 de xuño. Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

A formalización da matrícula  pode realizarse da seguinte forma:

 1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

 AREAS DE INFLUENCIA.

Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

  -TRANSPORTE ESCOLAR -COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA.

Distribuir contido