Calendario escolar

Cambios no horario do centro

NOVO HORARIO DO CENTRO:

Este curso temos lixeiras modificacións no horario do colexio. Non cambian nin a hora de entrada nin a de saída, pero si a da comida (media hora mais tarde).

Esta modificación prodúcese logo da aprobación no Consello escolar do pasado 24 de xuño, tamén pola Xefatura Territorial, o 21 de xullo.

Os motivos para a solicitude destes cambios tiveron como base a comprobación de diversos aspectos, fundamentalmente:

- O escaso aproveitamento das clases que había pola tarde. Cando nesa sesión a materia a impartir eran as matemáticas, ciencias, coñecemento ou linguas, a atención do alumnado e o seu rendemento eran escasos.

- O tempo que se dedicaba á hora de ler era de tan só 20 minutos, desexamos ampliar este tempo ata a media hora obrigatoria por lei, e incluír outras actividades como ditados, expresión escrita libre do alumnado e lectura.

- A posibilidade de utilizar a biblioteca como espazo diferenciado e/ou común para a realización de diversas actividades (uso dos ordenadores, resolución de cuestións de aula...).

 

Calendario escolar

Pódese consultar o calendario do curso 2015/2016 neste enlace. A corrección de erros, aquí.

Distribuir contido