Libros de texto
LIBROS DE TEXTO. 2019-2020
Enviado por jlbarrio o Mér, 12/06/2019 - 10:13Públicase a relación de libros de texto tanto para educación infantil como para primaria, para o vindeiro curso 2019-2020.
clicar en archivo adxunto para ver listado.
Saúdos.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS NO FONDO LIBROS. CURSO 2018/2019.
Enviado por jlbarrio o Mar, 10/07/2018 - 02:21Publícase a listaxe provisional de admitidos/excluídos na solicitude de fondo de libros de texto para o curso 2018/2019. (arquivo adxunto).
As persoas interesadas teñen un prazo de 2 días para reclamacións.
teléfono para reclamacións: 651010011
Saúdos.
LIBROS DE TEXTO. CURSO 2018-2019
Enviado por jlbarrio o Mar, 26/06/2018 - 01:19Publícanse as listaxes de libros de texto para educación infantil e educación primaria.
Ver archivos adxuntos.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/2019
Enviado por jlbarrio o Lun, 21/05/2018 - 22:27
Normativa: ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
A asignación de libros de textos correspondentes aos cursos 3º 4º 5º 6º de Educación Primaria que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:
- Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias
b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de textos destina das ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
- A contía das axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP. será:
a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.
c) A contía das axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera curso da Educación Primaria será:
-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.
Cada alumno/a, dependendo da renta familiar dispoñible, pode recibir dúas axudas: a) e c) no caso de estar matriculado en 3º 4º 5º 6º de educación primaria, ou ben b) e c) no caso de estar matriculado en 1º ou 2º de educación primaria.
SOLICITUDES: FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZOS.
-Presentación no centro: traer cubertos os Anexos I e II e fotocopia do libro de familia e certificación de discapacidade si fora o caso.
-Presentación online en (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros):
Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
-PRAZO: ATA O 22 DE XUÑO DE 2018.
LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2017/2018
Enviado por jlbarrio o Mar, 18/07/2017 - 15:53Publícase a listaxe definitiva de fondo de libros para o curso 2017/2018.
Aínda que hai alumnos/as que inicialmente só tiñan 4 libros, o haber fondo de libros suficiente o programa reparte os libros sobrantes entre o alumnado que ten só catro libros.
Para Educación Artística e Relixión aínda que aparece que ten dereito a libro, non se entregará xa que para estas materias NON HAI LIBRO DE TEXTO.
O libro activity book para INGLÉS será o libro que terán que mercar, o igual que o ano anterior.
Calquer dúbida chamar o 651010011
LISTAXE PROVISIONAL DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2017/2018
Enviado por jlbarrio o Xov, 13/07/2017 - 22:01Publícanse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo de libros para o curso 2017/2018. FACER CLIC NOS ARCHIVOS DE ABAIXO.
Para reclamacións chamar o centro ou o teléfono de emerxencias 651010011
Para a semana públicaranse as listaxes definitivas
Grazas.
libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba
Enviado por jlbarrio o Xov, 29/06/2017 - 13:03O Concello de Vilalba a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, muller e Emprego, ven de publicar as bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2017/2018 en Educación Infantil (3-6 anos) nos centros docentes públicos de Vilalba.
As bases reguladoras (documento adxunto) e as solicitudes estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego.
Os prazos de presentación de solicitudes será do26 de xullo ao 8 de agostoámbolos dous inclusives.
LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2017/2018
Enviado por jlbarrio o Mér, 28/06/2017 - 11:56listaxe de libros de texto de Educación Infantil e Primaria para o curso 2017/2018
Clicar no archivo correspondente
Listaxe definitiva de admitidos - Libros de texto
Enviado por Anónimo o Mér, 13/07/2016 - 16:22Publícase a listaxe definitiva de admitidos e a listaxe de libros complementarios que adquirirá o centro.
Fondo solidario de libros de texto - Modificación de datas
Enviado por Anónimo o Ven, 08/07/2016 - 10:31Unha vez rematado o prazo de dous días de exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto, comunícase que se produciu unha reclamación, polo tanto, e ata que non se resolva a mesma, queda en suspenso a publicación das listaxes definitivas. En calquera caso, e atendendo ao sinalado no artigo 19, punto segundo, da orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17, comunícase que a data límite para publicar as listaxes definitivas será o venres 22 de xullo.
No caso de poder resolver con anterioridade a esa data a reclamación presentada, publicaríanse as listaxes definitivas o antes posible.