Dependencias

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL. CURSO 2019-2020

Clicar en archivo adxunto para ver o documento.

Instalacións do centro

O edificio no que se sitúa o centro é de construción relativamente recente (1984), xurdindo este colexio da agrupación dun conxunto de escolas unitarias. A superficie ocupada polas construcións, xardíns e patios de recreo é duns 3.500 m2.

O edificio principal consta de dúas plantas. Na planta baixa están dúas aulas usadas polo grupo de educación infantil, unha aula de relixión, a biblioteca do centro, a sala de profesores/as, un despacho de dirección, outro de titoría, a conserxería, o comedor e a cociña, servizos de nenos/as e profesorado.

A primeira planta consta dunha aula para o alumnado de primeiro e segundo, outra aula de terceiro, e finalmente unha de quinto e sexto. Hai clases de música, de inglés, unha aula de PT, un laboratorio usado como sala de medios audiovisuais e informáticos e por último, cuartos de material e servizos de nenos/as.

Nun dos patios hai un pavillón cuberto, utilizado como polideportivo e dúas zonas laterais de xogos. Na parte frontal do edificio hai unha zona axardinada na cal se sitúa un pequeno parque infantil.

Distribuir contido