Blogues

MATERIAL VACACIONS. 5º PRIMARIA

Boas

 

Deixo 2 arquivos de material de MATEMATICAS E CASTELAN, para traballar un pouco no veran. estan en edixgal tamén

TAMEN recoméndase comprar o seguinte caderno de actividades de repaso que involucra materias como matemáticas, linguas, ciencias naturais e sociais:mellor empezar a traballar por este cadernillo que polas fichas que deixo para imprimir.

LIBRO VACACIONES SANTILLANA: REPASO 5º

 

Saúdos.

IMPRESOS COMEDOR. IES BASANTA SILVA.

BOas

 

Deixo os impresos de comedor que tedes que levar cubertos o día 23 de xuño no sobre de matrícula que tedes que presentar no IES BASANTA SILVA.

 

Saúdos.

REPASO VERANIEGO 3º

Ola familias de 3º, remata un curso un pouco atípico. Moitos estaredes pensando no verán, que será sen dúbida o máis diferente de todos. 

O que non cambian son os cuadernillos de repasos.... 

Deixo uns cuadernillos de lengua e mates por se queredes traballar un pouquiño. Xa sabedes, elexides vós.

Un bico grande.

Importante---Actividade "Eu Participo"

Bo día, familias. No adxunto enviamos a distribución das frases e instruccións.

Saúdos, o claustro.

ACTIVIDADES GALEGO. 5º PRIMARIA

Boas

 

Deixo ficha de galego que tedes en edixgal, para imprimir.

 

Saúdos.

AXUDAS FAMILIAS: CONTRATACIÓN DUN COIDADOR PARA OS VOSOS FILLOS/AS

Boas

 

Días atrás comunicouse as familias que a Xunta ía dar axudas de 500€ ó mes para familias que tiveran que contratar un coidador porque traballaban os dous fora da casa. ABRIUSE O PRAZO PARA ELO, TEDES TODA A INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO.

 

Un saúdo.

LISTADO DE ADMITIDOS CURSO 2020-2021

O alumnado que fixo a solicitude de admisión cara o vindeiro curso 2020-2021 está admitido no centro, xa que hai prazas suficientes e non hai que baremar. A finais de xuño terán que formalizar a matrícula e facer a solicitude para o comedor escolar. Avisará a dirección do centro dos días correspondentes.

 

Atentamente a dirección.

 

Saúdos.

ACTIVIDADE FINAL DE CURSO.

CEIP TERRA CHÁ PROPOSTA DE ACTIVIDADE FINAL DA BIBLIOTECA E CERRE DO CURSO

Para rematar o curso dun xeito diferente debido ás especiais circunstancias nas que nos atopamos inmersos, proponse a toda a comunidade educativa do CEIP TERRA CHA, unha actividade final de peche da actividade lectiva e da biblioteca. Todos os que queiran participar deben enviar unha mensaxe aos grupos de whatsApp de inglés ou ao teléfono 651010011 poñendo cada un o seu nome e a clave “Eu participo”. A partir de aí xa se dan as instrucións a cada un do que debe realizar para participar; nada complicado, ler unha frase e mandar o video por whats ou facer unha foto e enviala. Pero como hai que organizar as frases temos que saber primeiro os que participades. O prazo para enviar as mensaxes será ata o venres 12 de xuño as doce da noite. Grazas pola vosa colaboración. Un cordial saúdo.

 

O claustro.

Actividades Relixión Católica do 8 ao 19 de xuño

 

Bo día, xa queda moi pouquiño para rematar este curso. Aquí vos deixo as recomendacións para estas semanas.

Agradecervos a tod@s o esforzo realizado, especialmente felicitar aos nenos e nenas que tan ben o fixeron. Sodes @s mellores!!!!

Un forte abrazo, Marcos.

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos, adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos co traballo no libro de números aconsellando a realización das páxinas 14, 16, 18, 21, 25 e 31, que son as que gardan unha certa relación. Igualmente, aquí tamén se deixa un PDF con fichas deste tema para facer xa nestas dúas últimas semanas do curso. 

3. Por último e para todos os nen@s, tamén se inclúe un documento, que non tedes que imprimir, para coñecer máis vocabulario sobre o verán, así como un enlace para facer xogos con esas palabras e imaxes. O enlace é o seguinte: https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/Ver%C3%A1n/veran.html 

Un saúdo para tod@s e unha aperta forte!!

Distribuir contido