Blogues

MATERIAL ALUMNADO EDUCACION INFANTIL. COOPERATIVA.

Boas

Como acordaron na reunión cas titoras do tema da cooperativa do material do alumnado, aportará cada familia 30€. O procedemento a seguir sería o seguinte:

Ingreso conta bancaria: ES19 2080 0148 6930 4001 1725 ABANCA. (concepto material educacion infantil curso "x")

Prazo de ingreso: todo o mes de setembro e outubro.

Atentamente as mestras de educación infantil e a dirección.

ACLARACION LIBROS DE TEXTO ETAPA DE INFANTIL.

6º INFANTIL: Mantéñense os libros de texto como en curso anteriores.

 

4º 5º INFANTIL: terán que traer os libros de texto estipulados para este curso 21/22 no listado publicado en xuño de 2021, ante a imposibilidade de devolución de libros da totalidade das familias.

 

 

Atentamente as mestras educación infantil e a dirección do centro.

Material para 5º de primaria

Benvid@s ao novo curso escolar 2021-2022!!!!!

Adxunto a lista de material para 5º de primaria.

LISTADO DE MATERIAL PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Nesta entrada podedes ver o arquivo adxunto onde se expón o material para os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

Saúdos!

LISTADO DE MATERIAL DE 3º PRIMARIA.

Boas

Deixamos o material de 3º de primaria.

Recordar: todo o que valga do curso anterior é valido. O material ten que vir co seu nome.

Listado no arquivo adxunto.

Saúdos.

Material 4º Educación Primaria. Curso 2021/2022

Ola a todo@s, no seguinte arquivo tedes o material para o presente curso. Un saúdo.

MERENDAS SAUDABLES.

Boas

Deixamos as merendas saudables para o alumnado do centro.

Mirar o arquivo adxunto.

REUNIONS INICIO DE CURSO FAMILIAS. CEIP TERRA CHA. CURSO 21/22

Programa de reunións

 

4º 5º infantil Martes 7. 10h

6º infantil Martes 7. 11:30h

1º2º primaria Martes 7. 12:30h

3º primaria. Martes 7. 11h

4º primaria. Martes 7. 12h

5º primaria. Martes 7. 10h

6º primaria. Martes 7. 11h (pendente de realización, CONFIRMARSE MEDIANTE ABALAR MOVIL).

 

Normas:

Uso obrigatorio de máscara quirúrxica

Desinfección de mans á entrada.

Lugar: aula de titorías.

Membros: SÓ UN MEMBRO DA FAMILIA (sen nenos).

 

Listado de material: o día 6 de setembro a TARDE terédelo subido á paxina web.

 

MATERIAL-LIBROS DE TEXTO: poden traelos o 1º día de clase, o mestre titor na reunión informará as familias do procedemento concreto en cada curso.

 

Atentamente o claustro.

AGRUPACION ALUMNADO INFANTIL.

Estimadas familias.

Como saben estábamos pendentes da posibilidade de que se matricular un alumno máis en 4º 5º infantil para abrir as tres unidades, pero este motivo non sucedeu, polo tanto seguiremos tendo dúas unidades en infantil, distribuidos da seguinte forma:

unidade de 4º 5º infantil: 18 alumnos/as 

unidade de 6º infantil: 11 alumnos/as.

Desta forma mantemos o mesmo grupo de 5º curso, sen rompelo e distribuilos entre as dúas unidades, para non romper as afinidades pedagóxicas e afectivas que ten o grupo.

Atentamente a dirección.

SOLICITUDE TARXETA XENTE NOVA. PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR VILALBA-PARADA CAMPO DO SANTO.

Estimadas familias.

Deixamos aquí toda a información para solicitar a tarxeta "xente nova" para o alumnado que vai facer uso das seguintes paradas de transporte escolar:

-"A PRAVIA"

-"ESTACION DE AUTOBUSES"

-"CAMPO DO SANTO"

 

Estas paradas eran excepcionais os anteriores cursos, seguen existindo con normalidade, só que o alumnado ten que levar consigo a tarxeta xente nova.

A tarxeta solicitase na ABANCA. Deben cargala cun bono de 60 viaxes.

Non ten custo ningún, debido a que despois irán reintegrandolle o diñeiro cada vez que a volva cargar.

Deben tela para comezar o curso, senon dito alumnado non poderá acceder o bus.

CLICAR AQUI PARA TER TODA A INFORMACIÓN DE CÓMO SOLICITAR A TARXETA XENTE NOVA.

Distribuir contido