Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

Revista do Entroido 2023

QUEN DIXO MEDO?

Dende o cole traballamos e aprendemos a vivir coas emocións.

O MEDO é unha delas.

Este ano recuperamos a COVA DO SAMAÍN para achegar ao alumnado unha tradición moi arraigada dende os pobos celtas, cuxo obxectivo é o respecto aos nosos mortos.

Preme na imaxe para acceder ao blog. Accede dende aquí á Galería de imaxes.

MERENDAS TERRORÍFICAS EN FAMILIA

Se queredes algunhas ideas para merendar terrorificamente estes días de lecer, pasádevos polo blog Habelas Hainas 7.0, premendo na imaxe, para ver algunhas que fixeron os nenos e nenas coas súas familias.

Aínda podedes facer as vosas achegas ata o 1 de novembro.

 Preme na imaxe

FELIZ SAMAÍN!

Novos retos do EDLG

Xa está en marcha o blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste novo curso con retos mooooi interesantes.

Entra para ollalos!

Revista PUNTO E COMA 2022

Por fin chegou o final de curso!!! E con el, a ansiada revista do noso cole: PUNTO E COMA 2022.

PARABÉNS A TODOS E TODAS POLO VOSO ESFORZO E PARTICIPACIÓN

FELIZ VERÁN!! Guay

 

Revista PUNTO E COMA 2021

XUíZO AOS MECOS PANDÉMICOS.

 Nin a pandemia librou aos mecos dun xuízo xusto. O alumnado de 6º de Educación  Primaria celebrouno o xoves 18 na máis estrita intimidade.

Según informan fontes próximas ao Xulgado botouse moito de menos ao resto da comunidade educativa e o seu balbordo habitual. Por tal motivo adoptáronse medidas extraordinarias  para poder compartir este momento  con todos os que o desexen.

Preme enriba da imaxe se queres coñecer como se desenvolveu o xuízo.

 

Revista PUNTO E COMA 2018-2019

Xa temos con nós a revista PUNTO E COMA... a vosa revista!

Esta revista escolar anual do CEIP Sofía Casanova recolle artigos de aspectos significativos do curso, así coma os traballos gañadores do Certame Literario organizado polo EDLG para o fomento do galego.

Agardamos gocedes da súa lectura e... FELIZ VERÁN! Guay

Premede aquí para poder ver a revista 

 

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Este foi, realmente, un entroido máxico... de película! Sorriso

Un ano máis os equipos de centro cordináronse á perfección para levar a cabo esta festa tan nosa, onde as familias xogan un papel fundamental. Grazas a todas as persoas que participaron e o fixeron posible!

Aquí tedes a Revista dixital deste Entroido 2019. Desexamos que gocedes coa súa lectura.

 

 

 

QUEN ANDA POLAS RÚAS?

Aquí tedes a información recollida na actividade "Quen anda polas rúas?", enmarcada dentro do proxecto PERCORREMOS CULLEREDO, desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole.

 
Distribuir contido