Xa está aberto o prazo para o fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2023/2024. Dita convocatoria consiste en:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria no 23/24.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria no 23/24.
- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria no 23/24.
-O alumnado actual de 6º de Educación Primaria ten que entregar a documentación no Instituto onde solicitou praza.
As solicitudes preséntaranse preferiblemente de maneira presencial no centro, ou a través da aplicación Fondo Libros (Sede electrónica da Xunta) mediante o Certificado dixital ou a Chave 365.
O prazo de presentación é ata o mércores 21 de xuño (este incluído). Remitimos á Orde do 10 de maio de 2023 para información máis detallada da convocatoria e adxuntamos o Anexo I e o Anexo II, os documentos para a presentación da solicitude no centro.
Desde o centro entregaránse os libros do fondo ao inicio do curso xunto co compromiso que as familias deben firmar e forralos (poderanse empregar os mesmos forros dun ano para outro se se conservan ben).