Skip to Content

Blogue de admin

DÍA DA MULLER 8 M

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 24-25

 

 

DESTINATARIOS:         Alumnado de nova incorporación ao centro.

PRAZO:                         Do 1 ao 20 de marzo de 2024

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

  • No centro educativo. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Podedes pedir o impreso(ED550B) no centro ou descargalo nos arquivos adxuntos. Xunto co impreso de solicitude deberase adxuntar unha fotocopia do libro de familia e DNI da persoa solicitante. Para o alumnado de primaria que provén doutro centro, un certificado de matrícula. 
  •  A través de internet:

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

 Tedes a información relativa no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action#

Nos arquivos adxuntos tedes o impreso de solicitude .

ENTROIDO 2024

UN ANO MÁIS CHEGARON OS MANDADOS....PRESTADE ATENCIÓN QUE PULPI  ESTÁ A ARGALLAR.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Dende o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Mugardos), para o alumnado que cambia de etapa educativa.

As solicitudes deberán presentarse na secretaría do noso centro, ou telemáticamente, a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), utilizando o menú: solicitudes- reserva- crear.

As familias que non queiran facer reserva  no centro adscrito, deberán solicitar praza para os/as seus/súas fillos/fillas no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

VISITA DO APALPADOR

APALPADOR de Begoña

25 DE NOVEMBRO

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

INICIO DE CURSO 2023-2024

Tal como se recolle no calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, este curso as clases  comezarán o luns 11 de setembro en horario normal, de 9 da mañá ás 2 da tarde.

O xoves 7 de setembro ás 10:30 terán  lugar as reunións cos pais/nais dos nen@s de 4º de E.infantil  e ás 11:00 cos de 5º e 6º de E.I .

A reunión de 1º de E Primaria tamén será ás 11:00, as demais reunións celebraranse o martes 3 de outubro co seguinte horario.

 

 

 

 

Hora

Nivel educativo

De   16:00  a  17:00

2º   de E. Primaria

De   17:00  a  18:00

3º,4º de E.primaria

 

De   17:00  a  18:00

 

5º e 6º  de E. Primaria

 

 

 Bo comezo a tod@s!

Bo verán!

LIBROS CURSO 2023/2024

O final de curso está aquí e con el toda a preparación para o vindeiro 2023/2024!

Deixámosvos un anexo cos libros de texto necesarios!

Distribuir contido


by Dr. Radut