Skip to Content

COMEZO DO CURSO

Tal como se recolle no calendario escolar publicado pola Consellería de Educación que podedes consultar aquí, este curso as clases  comezarán o xoves 9 de setembro en horario normal, de 9 da mañá ás 2 da tarde.

De haber algunha modificación na data ou no horario por parte da Consellería, informaremos debidamente.

O vindeiro martes 7 de setembro terán lugar as reunións cos pais/nais  das diferentes titorías co seguinte horario:

 

Hora

Nivel educativo

De   10:00  a  10.30

3º e 4º  de E. Primaria

De   10:30  a  11:00

1º e 2º  de E. Primaria

De   11:00  a  11:30

5º e 6º  de E. Primaria

5º e 6º  de E. Infantil

 

As familias do alumnado de 4º de E. Infantil serán convocadas telefonicamente pola titora.

 *Importante: Ás reunións só pode asistir unha persoa por familia e non deberá vir acompañada de ningún neno/a.

 Bo regreso a tod@s!

Axudas Fondolibros e Material

Xa se pode recoller no centro os vales para axuda de libros e material escolar para o vindeiro curso 2021/2022.

O horario de secretaría é de 10:00 a 13.00.

Aproveitamos para desexarvos a tod@s un Bo verán!

OBRADOIROS ROBÓTICA

Todo o alumnado nestes días gozou na aula de robótica dunhas sesións cargadas de creatividade e inxenio.

 Ana, titora de 6º preparou moitas actividades, aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos ao mesmo tempo que aprendemos cousas novas.

 

 

 

PATRIMONIO DE FRANZA

Hoxe o alumnado de terceiro rematou o seu traballo  coa exposición que eles titularon" Patrimonio de Franza ".

Durante días coa colaboración das familias e guiados pola profe Pili, recompilaron moitos obxectos antiguos para saber un pouco máis da nosa historia.

Os nen@s de 3º E.P foron os encargados de explicar ao resto do alumnado o que alí estaba exposto, e contestar as preguntas que lles fixeron.

Parabéns para Teo, Melissa, Diego,Yeray,Sandra,Oscar, Florinda y Pili!

 

 

 

 

 

Matrícula curso 2021-22

Aqueles alumnos/as que solicitaron praza e foron admitidos deben formalizar a matrícula para o vindeiro curso do 20 ao 30 de xuño en horario de secretaría.

Impreso matrícula

Enquisa idioma materno(só alumnado de 4º E.I)

. Autorización de imaxe

Ademais deberán traer :

. 1 fotografías de tamaño carné se resultaron admitidos para E.Infantil 

. Fotocopia da tarxeta sanitaria

VISITA DE ISABEL ORIENTADORA DO IES DE MUGARDOS.

Este mércores contamos coa visita de Isabel, a orientadora do IES de Mugardos. Fíxolle entrega ao alumnado de 6º de Educación Primaria dunha macetiña cunhas cartas cheas de verbas de ánimo, as cales foron realizadas polos/as nenos e nenas de 1º da ESO. Ademais estas macetas levan unha sorpresa, unhas sementes de pensamentos que polo mes de agosto serán unhas flores fermosas de cor azul, as cales representan o paso de etapa de Primaria a Secundaria.

Pero non quedou aí a cousa, tiveron a sorpresa de ver como os/as seus excompañeiros/as de 6º do curso pasado, lles ensinaban e explicaban nun vídeo como é o instituto. Fíxolles moita ilusión!!!

Isabel tamén lles aclarou moitas dúbidas e inquedanzas ao noso alumnado.

GRAZAS pola túa visita Isabel

 

 

 

 

XORNADA CON LEANDRO LAMAS.

O venres os nen@s e profes pintaron un mural na fachada do colexio co artista Leandro. Unha actividade do Plan de Igualdade, na que tod@s disfrutamos moito.

GRAZAS LEANDRO!

 

DÍA DOS MAIOS.

Hoxe no colexio celebramos unha bonita xornada , os nenos e nenas coa axuda das mestras decoraron os maios enchendo de flores e de cores o noso patio.

Temos que agradecer a colaboración da asociación Apelón e dos gaiteir@s que amenizaron as nosas danzas e coplas.

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 (ambos incluídos), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar, tal e como se regula na Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B).

O impreso da solicitude podédelo descargar aquí ou solicitalo na secretaría do centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro .

1.- FONDO SOLIDARIO: Destinado ao alumnado de 3º a 6º de E.P (no noso caso 5º e 6º non o teñen que solicitar porque teñen libros dixitais, xa que somos centro E-Dixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Os libros serán repartidos por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Por ese motivo, recomendamos que todo o alumnado a solicite.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

2.- AXUDAS LIBROS: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou  inferior a 10.000 €: 140 €.

3.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º a 6º de E.P e ao alumnado da ESO.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

Nesta convocatoria presentarase unha ÚNICA solicitude para todos os/as fillos/as matriculados/as no mesmo centro.

Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable, devolver os libros de texto recibidos no fondo solidario do curso 2020/2021.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021/22 FOI ADMITIDO.

Pódense consultar as listaxes no taboleiro de anuncios do centro ou en:

https.//www.edu.xunta.es/admisionalumnado

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut