Skip to Content

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Podedes consultar a nova normativa publicada pola Consellería de Sanidade sobre o uso da máscara no ámbito escolar na nosa comunidade autónoma picando no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

Ou tamén podedes lela no arquivo adxunto.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 22-23

 DESTINATARIOS:         Alumnado de nova incorporación ao centro.

PRAZO:                         Do 1 ao 21 de marzo de 2022

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

  • Na oficina do cento educativo. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Podedes pedir o impreso no centro ou descargalo nun dos seguintes enlaces:

 En galego: https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G-20222023.pdf

 En castelán: https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-C-20222023.pdf

Xunto co impreso de solicitude deberase axuntar unha fotocopia do libro de familia e, para o alumnado de primaria que provén doutro centro, un certificado de matrícula.

  •  A través de internet.

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

 Tedes a información relativa no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

E no ENTROIDO non poden faltar... OS MANDADOS DO MECO!!

Que sería do noso Entroido sen OS MANDADOS DO MECO!

E este ano pintureiro, di que a vindeira semana temos que
facer o seguinte:

 

Podédelos ver con maior detalle no arquivo adxunto!

Un ENTROIDO "pintureiro"

O vindeiro venres 25 de febreiro celebraremos no cole a Festa do Entroido, que irá acorde co proxecto de centro que estamos a traballar este ano e que versa sobre a ARTE, máis concretamente sobre a pintura galega. Así pois será un ENTROIDO moi "pintureiro" no que intentaremos reproducir os seguintes cadros:

Mirade o arquivo adxunto para ver con máis detalle!

Os disfraces por curso serán os seguintes:

- Alumnado de Infantil: BRUX@AS.

- Alumnado de 1º e 2º: MARISCADOR@S.

- Alumnado de 3º e 4º: LAVANDEIR@S.

- Alumnado de 5º e 6º: NEN@S DUNHA ANTIGA ESCOLA.

Á merendola deste colorido día vainos invitar a ANPA, como sempre fai nas celebracións do cole!!

E A DESFRUTAR DA FESTA!!

Concurso PILABOT

Este ano, o noso centro participa no concurso Pilabot.

É un concurso para centros educativos de  primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Considérase pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbil. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en calquera aparello presente nos fogares e nas oficinas, tales como mandos a distancia, teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, xoguetes eléctricos...

A cada alumno/a farémoslle entrega dunha pequena caixa de cartón na que poderán traer as pilas, podendo utilizar tamén unha bolsa ou o que teñades a man. No cole teremos un contenedor onde iremos depositando o material que traian da casa. No mes de marzo, os responsables do concurso virán a pesar o contenedor.

 

Hai dous tipos de premios:

  •  CATEGORÍA A. Para o centro que máis quilogramos de residuos recolla en total.
  • CATEGORÍA B. Para o centro que máis quilogramos de residuos recolla por alumno.

 Podedes consultar toda información no seguinte enlace:

 https://pilabot.gal/

 

FESTIVAL DE NADAL 2021. OUTRO CURSO MÁIS EN VÍDEO

Xa que seguimos a voltas coa pandemia e non podemos celebrar un Festival de Nadal como nos gustaría seguimos a celebralo por medio dos vídeos.

Este curso escollimos dúas cancións africanas coñecidas, cambiámoslles a letra por outra do Nadal e traballamos en cada clase de diferente maneira.

Das voces encargouse o "SUPERCORO" formado por unha alumna ou un alumno de cada curso (para respectar o protocolo COVID). 

O alumnado de E.I. colabora en cada un dos vídeos de cada curso. Un grupiño en cada un deles (aínda que hai un grupo que repite) así que para velos actuar tedes que ver os vídeos todos.

Agardamos que vos guste esta mostra de habilidades musicais diferentes do noso alumnado e comprobar a cantidade de traballos diferentes que se poden facer cunha mesma peza musical.

 

Agardamos que vos teñan gustado.
 
Grazas a tod@s! Feliz Ano!

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ORDE POLA QUE SE REGULAN OS CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O venres, 12 de novembro, publicouse no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)

Aspectos a ter en conta:

  • O prazo para presentar as solicitudes é do 15 ao 26 de novembro de 2021.
  • Dirixidas ao alumnado de educación primaria.
  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, posto que se lles entregarán as máscaras sen necesidade de realizar ningún trámite.
  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída e que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.
  • Lugar de presentación das solicitudes: Na secretaría do centro os martes de 16:00 a 17:00 horas (sen cita previa), e os mércores e xoves de 9:15 a 9:45 horas (sen cita previa). No caso de non poder entregar a solicitude nos días e horas anteriores, solicitarase cita previa telefónicamente.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Durante o vindeiro mes de novembro procederase á renovación parcial do Consello Escolar. Este proceso será simultáneo nos centros de ensino público do Concello de Mugardos e levarase a cabo nas seguintes fases:

 

Dende a dirección dos centros animámosvos a que  participedes, tanto como candidatos/as como electores/as. Lembramos que o Consello Escolar é un órgano fundamental no goberno da vida educativa dos centros, polo tanto, é moi importante que todos os sectores estean  ben representados.

Nas vindeiras semanas iredes recibindo máis información. Para calquera consulta estamos á vosa disposición.

Proxecto E-DIXGAL 2021-2022

GUÍA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS SOBRE
O PROXECTO E-DIXGAL

PRESENTACIÓN DO CURSO 21-22

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!!

No seguinte arquivo adxunto poden consultar a información básica sobre o curso que comezamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut