Skip to Content

Novas

INSTRUCIÓNS SOBRE O CALENDARIO DE ADMISIÓN

Entre as medidas que recollen as Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais e dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación co covid-19, figura a seguinte en relación co proceso de admisión:

 "PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes."

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/2021. CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

NORMATIVA DE APLICACIÓN

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

POSTOS ESCOLARES: Recóllense na táboa de vacantes recollida da proposta incluída na aplicación informántica:admisiónalumnado.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: 4 rutas de Transporte Escolar e Comedor Escolar (regulado polo decreto 132/2013, do 1 de agosto de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e O.U.)

PRAZOS:

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2020.
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar: do 23 de marzo ao 3 de abril do 2020.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos/as: até o 25 de abril do 2020.Poderase presentar reclamación perante o Consello Escolar nos 5 días hábiles posteriores á publicación da listaxe provisional de admitidos/as
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: antes do 15 de maio do 2020. Contra esta listaxe poderase presentar recurso de alzada perante o/a titular da xefatura territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño do 2020.

 

FORMULARIO PARA DESCARGA: ANEXO II (formulario ED550B)

 

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE:

1.- Que (conforme ás instruccións da Consellería de Cultura, Educación e O.U.), a solicitude axustada ao modelo oficial Anexo II será a única  e presentarase no centro que se solicite en primeiro lugar. O feito de presentar máis dunha solicitude conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.-Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.-Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

MENÚ MARZO

ACTIVIDADES E PROXECTOS DE CENTRO

COMEDOR ESCOLAR. "GUÍA DE AXUDA PARA PROGRAMAR OS MENÚS ESCOLARES"(XUNTA DE GALICIA)

Queridas familias, nesta páxina á que pouco a pouco ímos incorporando información que vos pode resultar útil a moitos niveis, engadímoslle tamén, e coma neste caso, apartados novos nos que  procuramos ir actualizando a información relativa aos mesmos.

De entre as cousas que cremos que vos poden resultar útiles ou interesantes por múltiples motivos , como  arquivos varios ou información puntual: menús, normativa, aclaracións, está esta guía que a Xunta ofrece dende a súa páxina  http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/comedores.pdf ofrece e que aporta de xeito fácil e variado unha serie de recomendacións e exemplos de menús detallados, que aínda que orientados a Comedores Escolares, vos poden resultar útiles.

 

 

GUÍA DESCARGABLE

COMEDOR ESCOLAR. NORMATIVA

 "Enténdense como servizos de comedor os de xantar e os de atención aos usuariosnos períodos de tempo libre anterior e posterior da comida do mediodía, nos cales se fomentarán programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais". Así reza o 2º punto do "Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación" do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.

O servizo de comedor escolar, que empezou sendo unha oferta dos centros escolares con carácter compensatorio, é hoxe en día unha colaboración máis dos centros que facilita a conciliación familiar, pero que ademais supón parte da aprendizaxe e crecemento persoal do alumnado, de aí a súa gran importancia en todos os sentidos.

Este e outros motivos igual de importantes leváronnos neste curso a considerar, dentro das melloras plantexadas no centro, a unha revisión dos menús que se ofertaron nos últimos cursos. A variación realmente non é moi significativa posto que se manteñen moitos dos platos que figuraban anteriormente ata o punto de ter unha coincidencia de máis dun 85 por cento; o que en realidade se fixo foi reorganizar eses platos, engadir algúns novos e sobre todo, deseñar uns menús compensados e equilibrados como precisan e merecen os nosos pequenos e pequenas. Entendemos tamén que non podemos obviar a calidade na elaboración dos mesmos, polo que apostamos por productos frescos e variados.

Enlaces de interese de Comedores Escolares da Xunta de Galicia:

-"A Xunta de Galicia favorece os hábitos saudables nos menús dos escolares galegos"

-"Menús saudables no comedor escolar" Elaborado co departamento de pediatría da USC

Deixámosvos aquí a normativa vixente sobre Comedores Escolares:

-ORDE do 21 de febreiro de 2007

-DECRETO 132/2013, do 1 de agosto.

ABALAR MÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 
AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoríMANUa
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
Na sección correspondente desta páxina, pédese acceder tanto ao manual como a información máis ampla.
 

LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DO COMEDOR.CURSO 2019-20

Esta é a listaxe definitiva de usuarios admitidos no comedor escolar para o vindeiro curso 2019-20.
Aqueles usuarios de dereito, que non o fixeran xa, deberán descargar, cubrir e entregar o Modelo de Autodeclaración en Secretaría a partir do 1 de setembro en horario de mañá.


 
 

Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e axudas para material escolar.Curso 2019-2020.

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 21 de xuño de 2019.

Procedemento ED330B (Sede Electrónica)

Orde do 3 de maio de 2019 (DOG 20/05/2019)

Extracto da Orde do 3 de maio de 2019 (DOG 20/05/2019)

Anexo I e II para presentación presencial.

 

Listaxe definitiva de admisión. Curso 2019/2020

Dáse publicidade á listaxe definitiva de alumnado admitido neste centro para o curso 2019/2020, segundo acordo do Consello Escolar do centro do 9 de maio de 2019.

Contra a presente listaxe poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa responsábel da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partires do día seguinte ao de publicación (artigo 32.1 da orde do 12 de marzo de 2013)

PARA CONSULTAR A LISTAXE PREMER NO ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut