Skip to Content

Novas

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

 

IMPORTANTE:

Lémbrase a todos os pais e nais, titores e titoras legais, que o plazo para a presentación de candidaturas para representantes deste sector, (así como do resto),  no Consello Escolar do centro, é do 9 ao 16 de novembro de 2022, mediante o formulario correspondente  a entregar na Secretaría e en horario de mañá.

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023

 

Para ver a listaxe de libros de texto, prema AQUÍ.

 

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS NO COMEDOR ESCOLAR.

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DESTE CENTRO, COMO COLABORADORES E COLABORADORAS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIAÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.


As nais, os pais e os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar,poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro do 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nesta lista.

 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Todas as familias que tedes solicitada plaza de comedor para este curso para os vosos fillos e fillas, deberedes presentar cuberto e debidamente asinado o Anexo II. Modelo de Autodeclaración e Especificacións 

Poderedes entregalo na Secretaría do centro ou ben entregarllo ao conserxe na entrada, dende mañá luns 4 de xullo ata o venres 15 de xullo. Ou ben dende o 1 ao 7 de setembro. O horario do centro nestes días será de 10:00h a 14:00h.

Tedes opción a solicitar o formulario no propio centro o descargalo AQUÍ,  

Tamén podedes consultar aquí as instrucións para o cálculo. 

DOCUMENTACIÓN PRECISA MATRÍCULA CURSO 2022/23

Documentación Matrícula Curso 2022-23

MENÚ COMEDOR ESCOLAR - MES DE MAIO

 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023

Aberto o prazo para presentar a solicitude de axuda, dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

As solicitudes poden presentarse:

  • Preferentemente, de xeito telemático a través da Sede Electrónica, empregando a aplicación Fondolibros.
  • De xeito presencial na Secretaría do centro . Os anexos I e II poderán recollerse na Conserxería e na propia Secretaría do centro.
  • DOG
  • ANEXOS I e II

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN. CURSO 2022-2023

Xa pode ser consultada, na Secretaría do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2022-2023.

Infórmase que o centro non estará aberto o vindeiro luns 16 nin martes 17 de maio.

O noso horario  é de 9:30h a 14:30h.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN. CURSO 2022-2023

Xa pode ser consultada na Secretaría do centro, a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2022-2023.

Contra a presente listaxe poderán presentar reclamación no prazo de 5 días hábiles a partires do seguinte ao desta publicación perante a Consello Escolar do centro (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 - D.O.G. 15/03/2013, e Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, Art. 17, D.O.G. 11/02/2022, da Consellería de Cultura,Educación e O.U. que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos)

O noso horario de atención ao público é de 9:30h a 14:30h.

DESFILE DE ENTROIDO 2022.

Estimadas familias, como ben sabedes, este curso o centro celebra o seu 25 aniversario e por iso temos programadas varias actividades no noso PDI, unha delas é rememorar o Desfile de Entroido como se facía hai anos, polas rúas de Galdo,  vestindo varios dos disfrazas que se fixeron naqueles cursos.

Invitámosvos a que disfrutedes con nós do desfile dende calquera punto do percorrido.

DATA: Venres 25 de febreiro.

HORA: Ás 12:30h

Distribuir contido


by Dr. Radut