Skip to Content

Novas

FONDOLIBROS. Apertura do plazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar. Curso 2021-2022

 

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de axuda para libros de texto e material escolar. DOG 20/05/2021

 

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da plataforma FONDOLIBROS ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED 330B. En caso necesario, poderán presentarse presencialmente na Secretaría do centro no seguinte horario: luns, martes, xoves e venres  de 12:30h a 14:00h e mércores, luns e venres, tamén de 10:00h a 11:30h.

 

Documentación: anexo I, anexo II, copia do libro de familia. De ser o caso e dependendo do suposto, documentación xustificativa do mesmo (sentenza de separación ou divorcio, certificado de discapacidade,...)

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 ámbolos dous inclusive.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA. ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Xa pode ser consultada na Secretaría do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2021-2022. Lémbrase que o centro non estará aberto ata o vindeiro mércores 19 de maio.

O noso horario de atención ao público é de 12:00h a 14:30h.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022. DO 1 AO 22 DE MARZO

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

NORMATIVA DE APLICACIÓN

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  •  ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (D.O.G. do 22/12/2020). (Pódense consultar no taboleiro de anuncios do centro).

            Enlace  ANEXO II Formulario de solicitude de admisión normalizado ED550B (Galego)

            Enlace  ANEXO II Formulario de solicitude de admisión normalizado ED550B (Castelán)

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE MÁSCARAS

Dende o día de hoxe, venres 4, quedan expostas  as listaxes definitivas de alumnado beneficiario de máscaras. Poderán ser consultadas polas persoas interesadas na Secretaría do centro, no horario habitual, de 9:30 a 14:30.

En breve, recibiredes información sobre o procedemento de entrega.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS.

Publicadas as listaxes definitivas das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar. Estas listaxes poderán ser consultadas na aplicación FONDOLIBROS, accedendo polo apartado CIDADÁN, ou no propio centro no taboleiro en Secretaría.

VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Os vales de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar poderán ser recollidos no centro os días 15, 16 e 17 de xullo no noso horario habitual de Secretaría, de 10:00h a 13:00h.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar. Estas listaxes poderán ser consultadas na aplicación FONDOLIBROS, accedendo polo apartado CIDADÁN, ou no propio centro no taboleiro en Secretaría.

O prazo para reclamacións serán os días 13 e 14 de xullo.

A publicación das listaxes definitivas realizarase o día 15 de xullo, e poderán ser consultadas polos mesmos medios.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS. CURSO 2020-2021

Xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2020-2021  na secretaría do centro.

O período de matrícula para o alumnado admitido será do 1 ao 10 de xullo.

O noso horario de atención ao público é de luns a venres, de 10:00h a 13:00h.

Distribuir contido


by Dr. Radut