Inmersión Lingüística

MERENDA PLURILINGÜE EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil tiveron unha merenda plurilingüe!!!

Aproveitamos a hora da merenda para traballar o vocabulario dos alimentos en Inglés.

Foi moi divertido e ao mesmo tempo se van familiarizando coa lingua estranxeira.

CONTACONTOS CON ANA DIMITROFF

O pasado venres puidemos disfrutar unha vez máis dun Contacontos en Inglés con Ana Dimitroff; que xa nós vistara no primeiro trimestre.

Tivemos dúas sesións de contos, experimentos e xogos en Inglés; unha sesión para os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria e outra sesión para 2º, 3º, 4º 5º e 6º de Primaria.

Encántanos todo o que nós ensinas Ana, moitas grazas pola túa visita!!!

Nos seguintes vídeos podedes ver un pequeno resumo de todo o que disfrutamos coa actividade.

"CONTOS CHINOS"

Os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar dunha sesión de "contos chinos".

Como xa sabedes estamos a traballar China, dentro do Proxecto A Volta ao Mundo; asi que unha das actividades que tivemos foi unha sesión de contos procedentes de China.

Ademais como o noso cole este ano comezou a ser Plurilingüe, tamén nós contaron as mestras de Inglés, eses mismos contos en Lingua Estranxeira.

Gustáronnos moito!!!!

 

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celebrase o Día da Familia.

As mestras de Inglés traballaron cos nenos e nenas de Infantil os diferentes tipos de familias que existen na sociedade actual.

Levaron a cabo unha actividade que leva por nome: Families. 

No seguinte vídeo podedes ver un resumo...

 

APRENDEMOS SOBRE A HISTORIA DE EEUU

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria levaron a cabo unha tarefa de investigación sobre a historia de EEUU, na área de Inglés. 

Buscaron información sobre as características xerais do país, medidas de goberno, principais cidades, deportes, xeografía, feitos históricos e desastres naturais.

Unha vez feita a investigación, expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras de 4º, todo o que aprenderon.

CONTOS COA MESA DE LUZ

O alumnado de Educación Infantil participou nun contacontos en inglés titulado ANIMAL COLOURS pero, nesta ocasión, contaron con algo especial que fixo aparecer cores novas: unha mesa de luz! 

MIXING COLOURS EXPERIMENT

Esta semana os nenos e nenas de 1º e 2º estiveron a realizar uns experimentos en ARTS, mezclando colorantes alimenticios con auga e leite. Que misturas podemos obter? Que sucede se se botan en auga? E en leite? E se botamos ademais aceite? 

MERCAMOS CONTOS NOVOS PARA INGLÉS!!!

Como xa sabedes agora somos centro Plurilingüe; por iso temos que mercar novos recursos para traballar en Inglés e seguir mellorando na nosa competencia en Lingua Estranxeira.

Ademais dos xogos que vós ensinamos a semana pasada, acabamos de mercar uns libros e uns contos chulísimos...

Estamos deseando comezar a traballar con eles!!!

TEMOS XOGOS NOVOS EN INGLÉS!!!!!

Como xa vos comentamos anteriormente, o noso cole a partir deste curso, é un Centro PlurilingüePolo tanto, precisamos aumentar os recursos para traballar na área de Inglés.

Comezamos por mercar novos xogos; que nos permiten aprender a Lingua Estranxeira dun xeito lúdico.

Estamos desexando estrealos!!!!!  

No seguinte vídeo podedes ver unha selección dos materiais que mercamos...

CONTACONTOS EN INGLÉS CON ANA DIMITROFF

Como xa sabedes agora o noso cole é un centro Plurilingüe.

Algunhas das áreas impártense en inglés; en 1º de Primaria, plástica e en Infantil, acercamento á cultura e expresión da linguaxe. É dicir, tratamos de desenvolver nos nosos alumnos e alumnas unha maior competencia en Lingua Estranxeira e preparalos para o mundo que nos rodea no que o inglés é a lingua clave.

Dentro das actividades programadas para este curso, o venres tivemos a sorte de disfrutar dun Contacontos en inglés da man de Ana Dimitroff.

Gustounos moito e pasámolo xenial!!!

Distribuir contido