Aliméntate ben:Froita e Lácteos.

Visita a Ribadeo. Programa Aliméntate Ben: "Ti si que es un bo peixe"

Mostra das actividades desenvoltas durante a visita a Ribadeo do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de ed.primaria, e enmarcadas dentro do programa de alimentación saudable: Aliméntate Ben, baixo o lema: "Ti se que es un bo peixe".

Aliméntate Ben: Charlas informativas

A través do Programa "Aliméntate Ben" que se desenvolve no centro, realizáronse recentemente varias actividades informativas para concienciar sobre a importancia de adquirir hábitos alimenticios óptimos:

- O día 4 de marzo, asistiu un nutricionista ao colexio para explicar ao alumnado de ed. primaria a relevancia dunha correcta alimentación, e pautas para elaborar almorzos saudables.

- O día 29 de marzo, tivo lugar unha charla no centro dirixida, neste caso, aos proxenitores, e enfocada a concienciar e achegar propostas para crear pratos saudables nos fogares.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de ambas xornadas informativas.

Educación Infantil. Exposición na xornada do Magosto

Aquí vos deixamos unha breve achega da exposición que realizou o alumnado de Educación Infantil para celebrar a xornada do Magosto.:)

A nosa recolleita

 Este curso celebramos o MAGOSTO na escola cunha recolleita de produtos típicos da época e da nosa contorna. Todo o alumnado participou na exposición dos diferentes alimentos, ademais de degusta-lo noso froito estrela: a castaña!.

Pequena testemuña fotográfica da xornada!!.

A NOSA RECOLLEITA

Este ano celebramos o Magosto no colexio cunha recolleita e exposición dos produtos típicos desta época, e da nosa contorna máis próxima, ademais dunha degustación do noso alimento estrela: a castaña.

Todos os cursos participaron na exposición das diferentes temáticas e ensináronnos a coñecer mellor a riqueza cultural e gastronómica que atesoura a nosa comarca. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:).

ACTIVIDADES "ALIMÉNTATE BEN".

No seguinte vídeo presentámosvos varias actividades realizadas dentro do Plan Proxecta "Aliméntate Ben" durante o derradeiro trimestre: "Recreos saúdables", "Alimentes digital", "Fai clic ó teu bocata", "Que ben se come na Fonsagrada" e "Almorzos saúdables despedida do curso".

SEMANA DO LIBRO

Durante a Semana do Libro realizamos distintas actividades que a continuación presentamos.

Para conmemorar o Día do Libro fixemos "Bocados de Lectura". O alumnado escolleu un libro e, despois de lelo, fixo un "bocata". No bocadillo explicaron desde o título e autor, pasando polas personaxes e lugares da historia, así como un breve resumo do libro. Vamos, que alimentaron ben a mente.

Por outro lado, os nenos e nenas de Infantil ata 3º de Primaria inclusive, acudiron ao Salón de Actos dos Chaos para presenciar o espectáculo "Apalpadora" respresentado polo compañía Velaísca.

Ademais, dentro do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", visitaron o centro os membros do Programa "Ti si es que un ... Bo peixe". Nesta actividade participaron tódolos cursos por separado, na cal descubriron distintas curiosidades das especies mariñas que podemos encontrar nas nosas augas.

ALMORZOS SAUDABLES 2º TRIMESTRE.

Para despedir o 2º trimestre, e continuando coas actividades englobadas no Plan Proxecta "Aliméntate Ben", gozamos dun almorzo saudable nas dependencias do comedor do centro.

ALMORZOS SAUDABLES.

Dentro dunha das actividades propostas no Plan Proxecta "Aliméntate ben", nen@s e profes do CEIP Plurilingüe Santa María compartimos un Almorzo saudable nas instalacións do comedor do centro. Foi unha experiencia moi familiar e enriquecedora que esperamos repetir ao longo do curso.

COCIÑAMOS POSTRES DE BRASIL!!

Como xa sabedes os alumnos e alumnas de 3º de primaria, este curso traballamos Brasil, dentro do Proxecto A Volta ao Mundo.

Ademais de aprender moitas cousas sobre este país, tamén quixemos coñecer as súas comidas típicas; así que nós animamos a cociñar unhas sobremesas brasileñas: pan de queixo e brigadeiras de coco e de chocolate. Estaban riquísimos!!!!!!

Para levar a cabo esta actividade contamos cunha axuda moi especial de Claudia Patricia, Rayan, Ivonne e Patricia.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Distribuir contido