PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO

Obradoiro de Primeiros Auxilios

Desta volta, outro papá do centro estivo dando unha charla.

Realizamos un obradoiro de Primeiros Auxilios da man de José Luis Regueiro para o alumnado de Primaria.

 

 

Almorzos saudables

Dentro do CP INNOVA EduSaúde, realizamos unha xornada con un almorzo saudable no cole.

 

Visita ó CIFP Politécnico de Lugo. Programa EDUEMPRENDE.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria visitou o CIFP Politécnico de Lugo dentro das actividades previstas do Programa Eduemprende.

Tiveron unha charla e despois visitaron distintos talleres e fixeron prácticas...

 

Taller con Anna Dimitroff

Unha vez máis, tivemos a sorte de contar no noso cole con Ana Dimitroff.

Fixemos uns talleres en inglés e encamiñados a xestión de emocións. 

Moito disfrutamos!

 

SEMANA DO LIBRO

Este ano, na Semana do Libro, realizamos diversas actividades:

Familias viñeron (e siguen vindo...) a ler un conto; fixemos contacontos polas aulas e os compañeiros e compañeiras de 3º ilustraron o conto "El gran concurso de la caca" e utilizaron o Kamishibai para leelo.

Tamén se realizaron muráis.

E en 4º fixemos unha "reinterpretación da Lenda de San Jordi" en teatrillo.

 

Distribuir contido