Pasaporte Solidario

ACTIVIDADES PASAPORTE SOLIDARIO.

No seguinte vídeo pódense observar algunhas das actividades que se realizaron dentro deste Pla Proxecta.

DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria gozaron dunha xornada de actividades na natureza nun marco excepcional, a área recreativa da Fontaneira. As modalidades practicadas foron o senderismo e a escalada. No seguinte vídeo resumo podedes comprobar as vivencias experimentadas polos nenos e nenas durante toda a xornada.

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No CEIP Plurilingüe Santa María reivindicámonos en contra da violencia de xénero. A continuación podedes observar as actividades realizadas para conmemorar o 25N, e facer fincapé na erradicación deste problema que vivimos na nosa sociedade.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O mércores 25 de novembro para celebrar o Día contra a violencia de xénero, os nenos e nenas da Fonsagrada presentan o conto "O abuso sutil". Esperamos que vos guste.

Camiño Primitivo, Patrimonio da Humanidade

Traballo interdisciplinar de investigación sobre o Camiño Primitivo realizado polo alumnado do noso centro e traducido a galego, castelán e inglés para que poida ser visitado por tódol@s peregrin@s!
 


Distribuir contido