Proxecto Deportivo do Centro

Proxecto Deportivo do Centro

Baile fin de curso: 3º ed.primaria

Baile fin de curso: 6º de ed.primaria

Baile fin de curso: 4º e 5º de ed.primaria

Baile fin de curso: Ed.infantil

Baile fin de curso: 1º e 2º de ed.primaria

Andaina/Ruta deportiva. Día do Medio Ambiente

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, todo o alumnado e profesorado do centro realizou unha andaina e/ou ruta deportiva en bicicleta pola contorna da vila. Culminou coa visita á Aula da Natureza da Fonsagrada, por tratarse dun fermoso enclave natural. Neste espazo verde, rodeado de natureza, realizamos diversas actividades de convivencia que incluiron  xogos variados e unha merenda grupal.

Gustaríanos agradecer  especialmente a Nuria e a Quique, a súa colaboración e implicación nesta actividade deportiva. Aquí vos deixamos mostra da xornada.

PATIOS DINÁMICOS EN ACCIÓN!

Durante este curso escolar foi posible ampliar e diversificar as zonas de xogo xa existentes nos tempos de lecer, ao incorporar un abano diverso de  novos xogos pintados no chan:o twister, un campo de chapas, unha portería multifunción, o xogo do tres en raia, e un circuíto deportivo. A música e o baile tamén foron gañando paulatinamente protagonismo.

Salientar que a creación da figura d@ encargad@ de material semanal, contribuiu a potenciar entre os discentes un uso responsable e eficiente dos diferentes materiais de xogo que se empregaban por cursos durante os recreos. Aquí vos deixamos mostra dos patios dinámicos en acción!. 

Letras Galegas 2022. Actuación do grupo: Antaruxas e Sorteiros

Na xornada de celebración das Letras Galegas, puidemos gozar tamén da compaña de  antigos alumn@s integrantes do Grupo musical "Antaruxas e Sorteiros", que nos deleitaron co baile da canción de "Terra", do grupo Tanxugueiras, así como con outras pezas tradicionais galegas. A súa visita fíxonos mover o esqueleto a tod@s e gozar do noso rico folclore popular.

8 de Marzo: Día da Muller

O pasado 8 de marzo celebramos no colexio o Día da Muller a través de  diferentes actividades. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Celebración do Día da PAZ

O  pasado venres 28 de xaneiro celebramos no colexio o Día da PAZ realizando diversas actividades: contacontos nas aulas relacionados coa temática da Paz, decoración por cursos das portas das aulas, e tamén movemos o esqueleto  ao son das cancións: "Paz, paz, paz" do cantante Juanes, e maila canción "No "Dudaría", de Antonio Flores. 

Aquí vos deixamos unha mostra desta produtiva xornada.

Distribuir contido