PLAN PROXECTA

PROXECTA: COIDA AOS ANIMAIS

PROXECTA “COIDA AOS ANIMAIS”: UN ANIMAL, UN GRAN AMIGO

Con este proxecta buscamos dende o centro que os nosos alumnos e alumnas coñeceran e se familiaricen cun tipo de relación baseado nos beneficios psíquicos ou psicolóxicos que nos proporcionan os animais non como mascotas,  senón como algo moito máis amplo, como compañeiros ou amigos. 

Coidar a un animal non significa soamente alimentalo e darlle cobixo. É un concepto moito máis amplo e global que significa proporcionarlle coidados veterinarios durante toda a súa vida, momentos de xogo, unha alimentación axeitada, etc.

 Tamén consideramos fundamental o feito de ter  unha mascota, aínda que optaremos máis pola palabra amigo ou compañeiro, significa un compromiso de “por vida”, ineludible e irreversible, para evitar conductas como o abandono ou o maltrato. Os nosos compañeiros non só obxectos, senón que poden experimentar sentimentos como o amor, o medo, a pena, a alegría, etc., e é a nosa responsabilidade o seu benestar. 

Por otra banda, tamén quixemos que coñeceran outros aspectos dos animais cos que non están familiarizados. Falamos e vimos experiencias das súas funcións  terapeúticas e sociais, como axuda a persoas con autismo, invidentes, maiores ou de movilidade reducida, cans policías, etc… 

UN CONTO PARA PI

Onte tivemos unha visita moi especial, coñecemos a Pi, un can moi cariñoso.

Dentro do Proxecto Protexe os animais, que desenvolvemos no noso centro, participamos na actividade Proxecto Educativo de Sensibilización para fomentar a tenencia responsable de animais de compañía e a natureza.

Un Conto para PI é un proxecto Piloto de educación ambiental a través da animación a lecto -escritura e a creatividade nos escolares de primaria, tendo como vehículo e ferramenta de comunicación interactiva a un can: “PI”, un can de cinco anos adoptado de moi bon carácter que vai a mostrar otras formas de contemplar la protección animal e a sensibilización da natureza.

O obxectivo principal e a educación e sensibilización cara a  protección e a  tenencia  responsable de animais domésticos na poboación escolar , os beneficios dos animais domésticos na saúde das persoas e no seu benestar e a importancia da conservación da natureza.

Co fin de fomentar a lectura, os nenos e nenas de 2º e 3º elaboraron un conto para PI.

Gustounos moito a experiencia!!

Grazas a Ana e a PI pola visita!!

Un conto para Pi from Mariola on Vimeo.

O NOSO TRABALLO NO FITOFALADOIRO

Por segundo ano, os nenos e nenas de Primaria participamos no Proxecto de Fitofaladoiro para coñecer as plantas da nosa contorna e os seus usos.

Coa axuda dos profes, recoñecemos, recollemos, secamos e expoñemos algunhas plantas que sabemos que son útiles na nosa zona.

Esperamos seguir aprendendo para o curso que ven!!

A continuación, podedes ver algunhas das actividades que se fixeron; e no seguinte enlace, podedes ver o vídeo da visita do avó dun alumno do colexio que, nos veu a falar das diversas plantas que el coñece e os seus posibles usos.

O noso traballo no Fitofaladoiro from ceip santa maria on Vimeo.

 

ACTIVIDADE DO PROXECTO FITOFALADOIRO

O venres tivemos a sorte de contar coa visita do avó de David, de 3º de primaria.

Era unha actividade englobada dentro do Proxecto Fitofaladoiro, que levamos a cabo durante este curso no noso colexio.

O avó de David, José Álvarez, veunos a falar das plantas que el coñece, e as súas posibles aplicacións na vida cotiá.

A continuación, podedes ver un pequeno resumo do que nos contou.

Moitas grazas José!

Fitofaladoiro from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Visita ao Museo das peregrinacións e visita guiada polas murallas da cidade de Santiago de Compostela

Visita a Santiago de Compostela, Mirando polo camiño

Visita ao Castelón de Castañoso

O 31 de Maio fixemos unha visita ao Castelón de Castañoso da man de Luis, un dos arqueólogos que está traballando na súa recumeración.

Distribuir contido