Inmersión Lingüística
MERENDA PLURILINGÜE EN INFANTIL
Enviado por admin o Xov, 06/06/2019 - 14:21Os nenos e nenas de Infantil tiveron unha merenda plurilingüe!!!
Aproveitamos a hora da merenda para traballar o vocabulario dos alimentos en Inglés.
Foi moi divertido e ao mesmo tempo se van familiarizando coa lingua estranxeira.
CONTACONTOS CON ANA DIMITROFF
Enviado por admin o Lun, 27/05/2019 - 23:48O pasado venres puidemos disfrutar unha vez máis dun Contacontos en Inglés con Ana Dimitroff; que xa nós vistara no primeiro trimestre.
Tivemos dúas sesións de contos, experimentos e xogos en Inglés; unha sesión para os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria e outra sesión para 2º, 3º, 4º 5º e 6º de Primaria.
Encántanos todo o que nós ensinas Ana, moitas grazas pola túa visita!!!
Nos seguintes vídeos podedes ver un pequeno resumo de todo o que disfrutamos coa actividade.
"CONTOS CHINOS"
Enviado por admin o Mar, 21/05/2019 - 13:20Os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar dunha sesión de "contos chinos".
Como xa sabedes estamos a traballar China, dentro do Proxecto A Volta ao Mundo; asi que unha das actividades que tivemos foi unha sesión de contos procedentes de China.
Ademais como o noso cole este ano comezou a ser Plurilingüe, tamén nós contaron as mestras de Inglés, eses mismos contos en Lingua Estranxeira.
Gustáronnos moito!!!!
DÍA DA FAMILIA
Enviado por admin o Mar, 21/05/2019 - 13:08O 15 de maio celebrase o Día da Familia.
As mestras de Inglés traballaron cos nenos e nenas de Infantil os diferentes tipos de familias que existen na sociedade actual.
Levaron a cabo unha actividade que leva por nome: Families.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo...
APRENDEMOS SOBRE A HISTORIA DE EEUU
Enviado por admin o Xov, 16/05/2019 - 15:05Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria levaron a cabo unha tarefa de investigación sobre a historia de EEUU, na área de Inglés.
Buscaron información sobre as características xerais do país, medidas de goberno, principais cidades, deportes, xeografía, feitos históricos e desastres naturais.
Unha vez feita a investigación, expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras de 4º, todo o que aprenderon.
CONTOS COA MESA DE LUZ
Enviado por admin o Xov, 16/05/2019 - 14:31O alumnado de Educación Infantil participou nun contacontos en inglés titulado ANIMAL COLOURS pero, nesta ocasión, contaron con algo especial que fixo aparecer cores novas: unha mesa de luz!
MIXING COLOURS EXPERIMENT
Enviado por admin o Xov, 16/05/2019 - 13:07Esta semana os nenos e nenas de 1º e 2º estiveron a realizar uns experimentos en ARTS, mezclando colorantes alimenticios con auga e leite. Que misturas podemos obter? Que sucede se se botan en auga? E en leite? E se botamos ademais aceite?
MERCAMOS CONTOS NOVOS PARA INGLÉS!!!
Enviado por admin o Mar, 05/02/2019 - 14:45Como xa sabedes agora somos centro Plurilingüe; por iso temos que mercar novos recursos para traballar en Inglés e seguir mellorando na nosa competencia en Lingua Estranxeira.
Ademais dos xogos que vós ensinamos a semana pasada, acabamos de mercar uns libros e uns contos chulísimos...
Estamos deseando comezar a traballar con eles!!!
TEMOS XOGOS NOVOS EN INGLÉS!!!!!
Enviado por admin o Mar, 22/01/2019 - 14:26Como xa vos comentamos anteriormente, o noso cole a partir deste curso, é un Centro Plurilingüe. Polo tanto, precisamos aumentar os recursos para traballar na área de Inglés.
Comezamos por mercar novos xogos; que nos permiten aprender a Lingua Estranxeira dun xeito lúdico.
Estamos desexando estrealos!!!!!
No seguinte vídeo podedes ver unha selección dos materiais que mercamos...
CONTACONTOS EN INGLÉS CON ANA DIMITROFF
Enviado por admin o Lun, 21/01/2019 - 17:06Como xa sabedes agora o noso cole é un centro Plurilingüe.
Algunhas das áreas impártense en inglés; en 1º de Primaria, plástica e en Infantil, acercamento á cultura e expresión da linguaxe. É dicir, tratamos de desenvolver nos nosos alumnos e alumnas unha maior competencia en Lingua Estranxeira e preparalos para o mundo que nos rodea no que o inglés é a lingua clave.
Dentro das actividades programadas para este curso, o venres tivemos a sorte de disfrutar dun Contacontos en inglés da man de Ana Dimitroff.
Gustounos moito e pasámolo xenial!!!