CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"...

Continuamos co noso Proxecto A VOLTA AO MUNDO que puxemos en marcha este curso.

Nos dous seguintes videos, podedes ver o que estivemos a traballar nestas últimas semanas.

Os nenos e nenas de Infantil pintamos a Gran Muralla China, pintamos e "construímos" unha casa típica China, unha Pagoda; tamén pintamos uns guerreiros de Terracota e reproducímolos en plastilina.

Os nenos e nenas de 1º e 2º xa temos os nosos pasaportes rematados e listos para viaxar, pintamos a coroa de Cleopatra e traballamos algúns dos símbolos que tiñan os exipcios, como a chave da vida.

En 3º traballamos o Cristo Redentor de Río de Janeiro, e reproducímolo en plastilina. 

E en 4º, 5º e 6º comezamos a preparar a nosa árbore de Nadal; este ano preparamos unhas bolas moi especiais e relacionadas co noso proxecto, xa que levan pintadas as bandeiras dos diferentes países que estamos a traballar. Queredes ver como nos quedou a árbore?

A volta ao mundo from CEIP Fonsagrada on Vimeo.