CONSTRÚE O TEU TERRITORIO

22/10/2014 17:44
Africa/Addis Ababa

Hoxe veu ao colexio un representante de ADEGA para ensinarnos dunha maneira práctica e divertida a construír unha vila sostible, planificando o territorio tendo en conta as persoas que viven nel e colocando cada cousa no seu lugar sen que interfiran unhas con outras ou poidan afectar negativamente ao desenvolvemento do medio.

Aquí tedes unhas fotos do noso traballo.

 

Constrúe o teu territorio on PhotoPeach

CHARLA SOBRE A RECICLAXE

02/10/2014 15:32
Africa/Addis Ababa

Hoxe tivemos no colexio unha charla sobre a reciclaxe na que nos contaron que no noso concello estamos reciclando cada vez máis e que tamén o facemos mellor.

Tamén aprendemos moitas cousas como que:

- Unha botella de vidro pódese reciclar ata 60 veces.

- Con 40 botellas de plástico transparentes fabrícase un forro polar.

- Moitas tartarugas mariñas e aves morren por comer bolsas de plástico.

RECICLAXE on PhotoPeach

EDUCACIÓN VIAL

01/10/2014 17:53
Africa/Addis Ababa

Do 25 ao 30 de setembro estivemos aprendendo no colexio educación vial dunha maneira moi divertida.

Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes nesta actividade.

cars on PhotoPeach

CURSO 2014/15

09/09/2014 13:21
Africa/Addis Ababa

Curso 2014/2015

10 de Setembro - 19 de Xuño

Períodos de vacacións para o presente curso :

  • O día do ensino, neste curso queda establecido para o 31/10/14.

  • Día non lectivo de libre elección: 3 de novembro
  • Nadal: do 22/12/14 ao 07/01/15 ambos os dous incluídos.

     

  • Entroido: 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.

     

  • S. Santa: do 30 de Marzo ao 06 de Abril ambos os dous incluídos. 

 

Despedida alumn@s sexto!!!!

20/06/2014
Atlantic/Bermuda

Hoxe, para o noso alumnado, remata o curso 2013/2014. Despois deste día de festa, comezarán a disfrutar do tan merecido verán, para voltar ao colexio no mes de setembro. Pero os alumn@s de sexto, rematan unha etapa, que espero nunca esquezan da súa memoria. E para despedilos, deixamos aquí unhas fotos de todos eles. Foi un pracer compartir con vós tantos momentos divertidos. Un bico de tod@s os mestres. Moita sorte!!!

Adeus Alumn@s!!! on PhotoPeach

BIRIMBAO

03/06/2014
Africa/Addis Ababa

Os alumnos/as dos cursos de trompa ou birimbao, xunto con outros compañeiros/as do cole visitamos o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo onde nos explicaron moitas cousas sobre os instrumentos musicais galegos e o Presidente da Deputación entregounos os diplomas dos cursos.

TROMPA on PhotoPeach

LETRAS GALEGAS 2014

17/05/2014
Africa/Addis Ababa

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas cun festival no que recordamos a Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano, no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

 

LETRAS GALEGAS 2014 on PhotoPeach

21 de marzo - Día da Árbore

Día da Árbore on PhotoPeach

Cumple de Christian y Lucía

Cumple Christian y Lucía on PhotoPeach

Carnaval 2013/14

Carnaval Ceip Santa María Curso 2013/14 on PhotoPeach

Distribuir contido